RIBADEO (FNC) .- O presidente de ACISA e do CCA de Ribadeo, Gervasio Cao, reclama que a opinión do sector hostaleiro se teña en conta na elaboración da ordenanza contra a contaminación acústica e ofrécelle diálogo ao Concello. A Cao parécelle lóxico que a norma non saíse adiante no pleno da Corporación Municipal celebrado onte.
Gervasio Cao sinalou que “houbo e está habendo boa colaboración entre o CCA e o Concello de Ribadeo, pero mostro a miña preocupación por algo comentado no pleno de onte polo alcalde, que facía referencia a que non sabía nada dos empresarios nos últimos tres anos en relación á ordenanza sobre o ruido. Hai tres meses e medio preguntamos qué pasaba con eso e díxosenos que non había absolutamente nada, por eso amoso a miña preocupación porque se fagan eses comentarios nun pleno. Creo que a sorpresa de varios asistentes foi patente, independemente da xerente había no pleno socios do CCA e hoxe os teléfonos non deixaron de soar. Entendo que foi un lapsus e con eso me quedo, pero a sorpresa teño que manifestala, porque detrás estanme pedindo contas”.
Sobre o desenvolvemento do pleno celebrado onte no Concello o presidente de ACISA/CCA dixo que “eu non estaba, creo que polo que me contan houbo bastante desencontro tanto políticamente como entre os asistentes, creo que se montou algo de bulla, por decilo dalgún xeito; pretendeuse retiralo e creo que as circunstancias o pedían claramente. O resultado do pleno paréceme moi lóxico e moi coherente, independentemente de que ese documento estivese no caixón durante tempo, que parece que sí e ninguén tirou del, creo que antes de levalo a pleno precisamente tendo en conta o entendemento que hai, que imos da man en moitas cousas nosoutros somos unha sociedade que representamos a 150 empresarios de Ribadeo, moitos deles de hostelería”. Gervasio Cao manifestou que “a rúa conflictiva está dentro do programa do proxecto de centro comercial aberto como unha rúa a potenciar comercialmente, da que se falou nas comisións recientes, como elemento de conexión do porto co centro da vila. Entonces que é unha zona residencial é certo, pero obviamente toda a vida foi compatible coa actividade comercial, cremos que debe seguir sendo compatible co desenvolvemento comercial de todo tipo que permitan as ordenanzas actuais e futuras”.
O responsable de ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo suliñou que “como persoa que noutros tempos, hai moitos anos, debateu sobre os ruidos, creo que si se traballa con este sector atrévome a decir publicamente que si se traballa con el é un sector que está disposto a tomar medidas. Como asociación de empresarios comprometémonos a elo e estou seguro de que se pode lograr que se cumpran as ordenanzas e que si se queren modificar debemos debatilo, falalo, así debe ser. A idea de retomar este tema paréceme positiva e si se nos permite así o faremos”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



