SANTIAGO .- ADEGA informa que este luns 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é “AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL”, en referenza á calidade dos recursos hídricos e a súa relación co benestar da poboación e os ecosistemas. Neste senso, en Galiza temos un grave déficit en canto ás medidas de prevención e tratamento da contaminación das augas. Moitas cidades, vilas e industrias verten aos ríos augas con escasa ou nula depuración, e o número de cursos fluviais contaminados aumenta cada ano.
Afortunadamente, a cidadanía está cada vez máis sensibilizada e comprometida coa defensa dos nosos ríos como proba a Lei de Defensa dos Ríos Galegos aprobada en 2006 mediante unha ILP. No entanto, e malia á abondosa lexislación de protección das augas, as administracións amosan unha descarada insubmisión e desleixo á hora de tomar medidas para garantir o bó estado das nosas augas, como pretenden a Directiva Marco da Auga e a de Depuración de Augas residuais, en cuxa aplicación Galiza leva un escandaloso retraso.
Dende ADEGA e o Proxecto Ríos estamos a colaborar para que a cidadanía sexa cada vez máis consciente e activa na defensa dos nosos ríos, suplindo deste xeito a falta de interese das administracións.
Por iso, imos celebrar o Día Mundial da Auga facendo unha saída de inspección ao río Sarela, en Compostela, para avaliar o seu estado e validar as novas metodoloxías e materiais para a inspección de ríos que pretendemos poñer en marcha este ano 2010. Estes novos métodos axústanse máis ás demandas da Directiva Marco da Auga en relación á diagnose do estado de saúde dos ecosistemas fluviais.
Faremos esta inspección nun treito do Sarela, dende o Romaño até o Muíño do Lermo. Será o luns 22 de 16:00 a 19:00h. Se queres participar, podes anotarte chamando ao 981 57 00 99 ou ao 619 672 038. Tamén podes mandar un correo electrónico a: pacobanhobre@adega.info, coordenador da actividade.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



