Nota de prensa: O ALCALDE REÚNESE CO PRESIDENTE DE AUGAS DE GALICIA PARA AXILIZAR A LIMPEZA DOS RIOS OURO E FERREIRA E DOS SEUS PRINCIPAIS AFLUENTES * Emilio Lousas trasladou a Francisco Men... Ler máis
Nota de prensa: O PROXECTO RÍOS INICIOU A SÚA CAMPAÑA DE OUTONO 2010 E ORGANIZA A III XORNADA DE LIMPEZA SIMULTÁNEA. A limpeza realizarase o día 3 de outubro de 2010 en 25 Concellos de Galiz... Ler máis
NOTA DE PRENSA 23 de agosto de 2010. Malia á suspensión en 2005 (Decreto 555/2005) da concesión de 32 aproveitamentos hidroeléctricos e á aprobación en 2006 da ILP en Defensa dos Ríos, novas... Ler máis
SANTIAGO .- ADEGA informa que este luns 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Este ano o lema é “AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL”, en referenza á calidade dos recursos h... Ler máis
COMPOSTELA .- Os treitos fluviais galegos amosan en 2009 unha preocupante tendencia ao empeoramento, tanto no seu estado de saúde como na calidade do bosque de ribeira. O Proxecto Ríos, inic... Ler máis
SANTIAGO .- Despois do éxito da primeira xornada de limpeza en ríos en 2008, repetimos a experiencia este domingo 27 de setembro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos e dis... Ler máis
SANTIAGO .- O “BIG JUMP” é unha iniciativa da European Rivers Network (ERN) secundada por distintas organizacións europeas. Trátase de celebrar unha xornada festivo-reivindicativ... Ler máis
BURELA (FNC) .- A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza asegura que en breve rematarán os traballos de limpeza dos ríos que pasan por Burela. Bouza asegura que “estamos a efectuar a lim... Ler máis
SANTIAGO.- Mañá vai ser presentado en Santiago o Programa Ríos de Lingua e Cultura, dentro do Proxecto Rios, que ADEGA desenvolve xunto coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. O... Ler máis



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



