LUGO .- O pasado mes de novembro, o Consello de Seguridade Nuclear encargou ás Universidades de Cantabria, Santiago de Compostela e á Autónoma de Barcelona a realización de 8.000 medidas da concentración de gas radón en vivendas ao longo da xeografía estatal.
O radón é un gas radioactivo de orixe natural que emana do uranio presente nas rochas graníticas e que, segundo a Organización Mundial da Saúde, é responsable entre o 3% e o 14% das mortes por cancro de pulmón. É por isto, polo que se quere dispor dun mapa de radón cunha medida cada 100 km2 que complete o mapa xa existente que cubre fundamentalmente as zonas xeográficas cun alto nivel de radiación. Con estas medidas, ademais, poderanse localizar as zonas de alto risco e, no entanto, facer recomendacións para que se constrúa a proba de radón.
En Galiza as medicións levaranse a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela, cuxo proxecto estará coordinado polo profesor Xoan Miguel Barros Dios, director do Laboratorio de Radón de Galiza eque ven ampliar ao resto do Estado español o Mapa de Radón de Galiza, a piques de se presentar neste ano, e realizado polo mesmo grupo de investigación da USC e que conta con máis de 2.500 casas medidas. Para o desenvolvemento das medicións e as tarefas de divulgación informativa, a USC contará tamén coa colaboración de ADEGA e a Coordinación en Lugo da profesora Esther Gómez Fórneas.
A asociación ecoloxista ADEGA através dos seus socios e socias, axudará a repartir e recoller os detectores de gas radón nos diferentes puntos xeográficos do territorio galego e a explicar aos cidadáns as características e riscos deste gas, moi proclive no noso país polo seu subsolo de tipo granítico. Galiza está situada sobre a lingua granítica que se estende desde illas Británicas, e penetrando na península forma parte do chamado Macizo Hercínico, formado por materiais rochosos de tipo granítico. Este tipo de rocha contén unha certa proporción de uranio que se descompón, de xeito natural en elementos radioactivos entre os que se encontra o radón. Este gas ten un período de vida moi curto descompóndose rapidamente; pero pode penetrar nas vivendas ou locais dende o subsolo das casas con deficiente ventilación, podéndose acumular e ser inhalado polas persoas a través da respiración. Ao ser radioactivas, estas emisións son axentes mutaxénicos e canceríxenos.
Coa fin de previr danos na saúde humana, ADEGA cre preciso que as Normas do Hábitat elaboradas pola Xunta de Galiza retomen o que estaba disposto nas anteriores Normas do Hábitat e contemplen as medidas correctoras necesarias para evitar os riscos do gas radón nas vivendas situadas nas zonas de maior incidencia, que serán localizadas por este estudo, tal como recollen as políticas de redución de radón de numerosos países dende hai máis de tres décadas.
ADEGA lembra que foi o Partido Popular o que, recentemente, presentou unha moción no Senado para instar á realización dun mapa de gas radón no estado e para introducir as modificacións técnicas necesarias que preveñan e eviten a acumulación deste gas nas vivendas.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



