CERVO .- Responsables do Concelle de Cervo e das escolas deportivas municipais reuníronse para facer un balance das actividade nas que participan 211 alumnos e alumnas de tódalas idades.
Nota de Prensa
AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS IMPARTEN CLASES A 211 ALUMNOS DE TÓDALAS IDADES NA PRESENTE TEMPORADA
* Representantes municipais e responsables da empresa encargada da xestión deste servizo reuníronse hoxe para facer balance
Cervo, 5 de marzo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, reuníronse esta mañá cos responsables da empresa IG10 -encargada da xestión das Escolas Deportivas Municipais- para facer un balance deste servizo municipal que o Concello está a brindar dende hai tres anos.
Na presente temporada, 2009-2010 participan nas distintas actividades das Escolas Deportivas Municipais (EDM) un total de 211 alumnos de tódalas idades repartidos do seguinte xeito:
| MODALIDADE | INSCRITOS | LUGAR DE CELEBRACIÓN | |
| Fútbol Sala | 29 | Pavillón da Veiga (San Ciprián) | |
| Baloncesto | 27 | Pavillón da Veiga (San Ciprián) | |
| Patinaxe artística | 28 | Pavillón do CEIP de Cervo | |
| Ximnasia rítmica | 15 | Pavillón do CEIP Cervo nº (San Ciprián) | |
| Aeróbic | 5 | Pavillón do CEIP de Cervo | |
| Tenis | 17 | Pavillón da Veiga (San Ciprián) e Pavillón do CEIP de Cervo | |
| Xogolandia (xogos predeportivos) | 14 | Pavillón do CEIP de Cervo e Pavillón da Veiga (San Ciprián) | |
| Ximnasia mantemento (adultos) | 19 | Sala multiusos da Casa do Mar (San Ciprián) | |
| Ximnasia mantemento (adultos) | 19 | Antigo Concello (Cervo) | |
| Aeróbic (adultos) | 21 | Sala multiusos da Casa do Mar (San Ciprián) | |
| Pilates (Adultos) | 17 | Sala multiusos da Casa do Mar (San Ciprián) | |
| TOTAL INSCRITOS: | 211 | ||
Estas actividades están cumprimentadas con outras como son a participación dos alumnos en competicións con outras escolas deportivas e en torneos escolares, xunto con excursións para practicar deportes e tamén para asistir a partidos de competicións de categorías nacionais de diversas modalidades deportivas.
Segundo o alcalde, Alfonso Villares, as Escolas Deportivas de Cervo “gozan de boa saúde”. Na súa opinión a consolidación do servizo reflíctese no incremento de inscritos acadado este ano, sobre todo no tramo de idades que van dos 3 aos 7 anos e onde as inscricións pasaron de 32 na temporada pasada a 46 na presente, “o que supón unha suba de máis do 43 por cento e polo tanto, garanten o futuro das Escolas” salientou.
Villares destacou tamén a gran acollida que están a ter as Escolas Deportivas na súa modalidade de adultos, “o que fixo decidirnos a manter tamén a celebración das clases para esta modalidade en períodos de lecer coma o Nadal, Entroido ou Semana Santa” sinalou. Neste senso adiantou que para a vindeira temporada estudarase a posibilidade de ampliar a oferta para adultos “polo gran número de inscritos que temos na actualidade”.
Pola súa banda, o responsable de Deportes, Rubén Fernández, indicou que as actividades con máis aceptación das Escolas Deportivas son o baloncesto, o fútbol sala e a patinaxe artística e destacou o aumento dos deportes de equipo. “Na temporada pasada en baloncesto tiñamos dous equipos e na presente contamos con 3: un de iniciación, un en categoría alevín, e outro de cadetes. E o mesmo pasa en fútbol sala” indicou. Fernández tamén destacou o incremento “moi notable” nas inscricións en deportes individuais. “En tenis pasamos dos 13 inscritos do ano pasado aos 17 neste; en rítmica de 7 a 15; en aerobic de non ter inscritos a 5; e en xogos predeportivos de 7 a 14” dixo.
O alcalde e o concelleiro de Deportes aseguraron que o grupo de Goberno local está convencido da importancia de desenvolver unha política de fomento da convivencia, da saúde e da participación activa dos seus veciños, “por iso impulsamos hai tres anos estas escolas, para promover a práctica deportiva e o uso continuado das múltiples instalacións das que o noso municipio dispón ao longo de todo o seu termo municipal. Na nosa intención está a de incrementar o nivel de vida e de benestar social dos veciños e veciñas de Cervo e entendemos que, a través do deporte, se contribúe en boa medida a este obxectivo” indicaron.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



