NOTA DE PRENSA
Os populares piden explicacións de porqué non se activou o plano de emerxencia municipal.
Para o PP, “o alcalde puido ter actuado con certa temeridade”.
O PP solicita por escrito o decreto de peche das instalacións deportivas a raiz da alerta vermella.
O PP de Burela presentou hoxe no rexistro do concello un escrito asinado por José María González Barcia e Luis Pedre Díaz no que solicitan información por escrito sobre a activación do Plano de Emerxencia Municipal (PEMU) do concello de Burela así como sobre o decreto ou orden da alcaldía de peche das instalacións deportivas de propiedade municipal, todo elo motivado pola declaración de alerta vermella con motivo do temporal “Xinthya”.
Os populares afirman que non se activou o PEMU. González Barcia e Luis Pedre entenden que este dispositivo xa tiña que ter sido activado convenientemente o mesmo venres, día 26, para facerlle fronte de forma axeitada ós danos que puidera causar o temporal. Tanto e así, que a información que as webs de Meteogalicia e do 112 estaban dando sobre activación dos PEMUs nos distintos concellos galegos que contan con este dispositivo, en ningún momento aparecía o de Burela como activado. Barcia e Pedre aseguran que o PEMU tampouco foi activado hai un ano, con motivo do “Klaus”.
Os concelleiros populares indican que a activación do PEMU é competencia da alcaldía, que hai que comunicar á Xunta de Galicia por imperativo legal, e este procedemento non se deu. Os concelleiros do PP lembran que o PEMU, elaborado durante o goberno municipal do PP, recolle todos os medios físicos e humanos cos que conta o concello para facerlle fronte a situacións de risco, e os mecanismos de organización e funcionamento dos indicados recursos, establecendo diversos niveles de movilización de recursos en función da gravidade da situación. A activación do PEMU supón a inmediata e obrigada implicación dos medios de outras administracións locais se fose o caso e tamén dos medios da Administración Autonómica.
Ademáis, González Barcia e Luis Pedre piden por escrito acceso á orden do alcalde de peche das instalacións municipais durante o sábado. No rexistro de saída do concello, aseguraron, non hai constancia de ningún escrito semellante, pero en caso de terse producida a comunicación por outro medio impreso, ben fax ou correo electrónico, queren coñecelo. Os concelleiros populares lembran que a Xunta decretou a suspensión de toda actividade deportiva dependente da Secretaría Xeral para o Deporte durante o sábado, e recomendou ós concellos que pecharan as instalacións deportivas municipais, dada a situación de alerta vermella, pero desde o Concello non se comunicou tal extremo a ningún colectivo usuario das instalacións deportivas municipais. Tal comunicación debería terse feito por escrito, como fixeron a inmensa maioría dos concellos.
Esto trouxo consigo que se xogase o partido de fútbol sala o pasado sábado pola tarde, co risco que eso comportaba, no suposto de que se producisen efectos provocados polo temporal no pavillón. Se ben é certo que os partidos do Burela Fútbol Sala seguen as normas da Liga Nacional de Fútbol Sala, tamén é certo que o pavillón é de propiedade municipal, e polo tanto é o concello o único responsable competente para decidir se se celebra unha competición deportiva ou non.
Os populares preguntaranlle ó alcalde no vindeiro pleno sobre estas cuestións, á vista da documentación que obteñan no concello porque consideran que desde a alcaldía, se non se activou o PEMU e non se decretou o peche das instalacións municipais, non se estaría á altura das circunstancias e mesmo se puidera ter actuado cunha certa temeridade, por non ter adoptado as medidas oportunas.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



