LUGO .- Lugo segue “desafortunadamente” á cabeza das provincias con máis dificultades de acceso á banda larga, rexistrando “un 76% de núcleos sen conexión á rede, seguida de Ourense cun 69,5%, A Coruña cun 48,5% e Pontevedra cun 29,8%” indicou Raquel Arias, no acto no que anunciou que comeza a planificación da execución do plan de banda larga na zona sur da provincia de Lugo
NOTA DE PRENSA
O goberno galego prioriza o despregamento das novas infraestruturas de telecomunicacións nunha das áreas xeográficas con máis dificultades de acceso á rede
A XUNTA DE GALICIA COMEZA A PLANIFICACION DA EXECUCIÓN DO PLAN DE BANDA LARGA NA ZONA SUR DA PROVINCIA DE LUGO
* Esta primeira fase abrangue 22 concellos do provincia luguesa, cinco da Ribeira Sacra ourensá e un municipio de Pontevedra
* No 2013 o 83,19% dos habitantes destas zona terán acceso á banda larga fronte ao 37,32% actual
* As actuacións que se van poñer en marcha permitirán xa no 2011 dotar de cobertura ao 68,33% da poboación dos 28 concellos
* Investiranse 10,74 millóns de euros ata 2013 para achegar Internet de calidade a unha das zonas máis afectadas pola fenda dixital
Lugo, 25 marzo de 2010.- A Xunta de Galicia inicia a planificación das actuacións do Plan de Banda Larga 2010-2013 na zona sur da provincia de Lugo e nunha parte da Ribeira Sacra ourensá as que máis acusan a fenda dixital. Así o anunciou hoxe a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que indicou que o despregamento de novas infraestruturas nos 28 concellos que comprenden nestas áreas, incluíndo un de Pontevedra, permitirán achegar a banda larga “ao 83,19% da poboación e xa no vindeiro ano a porcentaxe de cobertura prevese que alcance ao 68,33%”. Actualmente, nestas zonas só o 37,32% dos habitantes teñen acceso á banda larga de calidade.
Dos 10.740.000€ de investimento previsto a finais de 2013 para dotar de cobertura aos 28 municipios desta fase, 3.460.000€ destinaranse á implantación de redes fixas, 5.610.000€ a redes inalámbricas e os 1.670.000€ restantes se aplicarán á posta en marcha de redes de nova xeración (NGAs), que permiten velocidades de conexión de ata 100 Mbps, expuxo a representante do Executivo galego na provincia. Destas últimas beneficiaranse arredor de 26.145 habitantes de Monforte, Chantada e Sarria.
Esta primeira fase de despregamento de novas infraestruturas realizarase “en 12 concellos da Ribeira Sacra luguesa (Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil), así como en outros 10 da metade sur da provincia de Lugo (Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria)”, destacou Arias, que estivo acompañada na presentación polo enxeñeiro Javier Páez, compoñente do equipo que se encargará de controlar o desenvolvemento do Plan de Banda Larga.
Do mesmo xeito, nesta primeira fase actuarase en tres municipios da Ribeira Sacra ourensá (Nogueira de Ramuín, A Peroxa e A Teixeira) e nos concellos de San Cristovo de Cea e Vilamarín (Ourense) e Rodeiro (Pontevedra).
Reverter a situación actual
Arias sinalou que, actualmente, o 45,6% de habitantes da provincia de Lugo non teñen acceso á rede de calidade, seguida de Ourense cun 41,2%, A Coruña co 24,5% e Pontevedra do 21,7%. Por núcleos de poboación Lugo segue “desafortunadamente” á cabeza das provincias con máis dificultades de acceso á banda larga, rexistrando “un 76% de núcleos sen conexión á rede, seguida de Ourense cun 69,5%, A Coruña cun 48,5% e Pontevedra cun 29,8%”.
O obxectivo do Plan é “reverter a actual situación de desigualdade social que vive a comunidade en materia de acceso aos servizos de telecomunicacións” e contribuír ao aproveitamento das TIC como “motor para a dinamización e competitividade empresarial así como a modernización dos servizos públicos”.
“Será un despregamento de infraestruturas baseado na eficiencia e na cooperación de todos os axentes implicados”, afirmou Arias, que fixo referencia tamén a que a iniciativa autonómica permitirá que a dotación orzamentaria de 102 millóns de euros da Xunta de Galicia poida superar os 230 millóns mobilizando capital privado e doutras administracións.
O proceso de desenvolvemento de infraestruturas permitirá o acceso aos servizos avanzados da Sociedade da Información de cidadáns e empresas de todo o territorio galego, nalgúns casos, xa a finais do presente exercizo, segundo as previsións de execución do plan.
En primeiro lugar realizaranse “actuacións que contribuirán á vertebración territorial, como o despregamento de redes fixas que achegará a banda larga a máis de 170 núcleos de máis de 100 habitantes e parques empresariais e polígonos industriais con deficiencia de cobertura”, adiantou Arias, referíndose a unha serie de tarefas que suporán a atención a arredor de 100.000 persoas.
Así mesmo, desenvolverase a estensión de redes sen fíos a preto de 9.000 núcleos que non se cubran coas actuacións anteriores e que equivalen a máis de 400.000 habitantes e a potenciación do operador público Retegal que permitirá reducir custes e acelerar o despregamento da banda larga.
Outra liña de actuación é a universalización do servizo que dotará de cobertura a outras 143.000 persoas que vivan en zonas que pola súa dispersión ou xeolocalización non foran incluídas nas actuacións anteriores. Finalmente, o desenvolvemento de infraestruturas completarase coas de redes de nova xeración que alcanzan velocidades de ata 100 Mbps.
“O denominador común de todas estas actuacións é a prestación dun servizo de banda larga de calidade”, resumiu a delegada territorial. No plan recóllense velocidades de acceso superiores a 2Mbps, podendo chegar a 100Mbps no caso de redes de nova xeración.
En xeral, o despregamento das infraestruturas de telecomunicación permitirá cambiar a situación actual da comunidade na que un total 786.000 galegos (o 30% da poboación total), preto de 35.000 empresas (16%) e 589 entidades de poboación con algunha entidade administrativa non teñen posibilidade de acceso á banda larga.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



