CERVO .- O Concello de Cervo renuncia a propiedade do inmoble que lle pertencía dentro da promoción de 15 vivendas feita polo IGVS en Río Cobo a cambio de 106.246,96 euros que adicará a o acondicionamento de distintas estradas do municipio.
Nota de Prensa
CERVO E O IGVS FIRMARÁN UN CONVENIO POR MÁIS DE 106.000 EUROS QUE POSIBILITARÁ O ACONDICIONAMENTO DE VARIAS RÚAS DO MUNICIPIO
* O acordo consistirá na renuncia por parte do Concello aos seus dereitos de propiedade do inmoble que lle pertencía dentro da promoción de 15 vivendas feita polo IGVS en Río Cobo que hai uns días se adxudicaron en propiedade aos seus 14 novos donos
* O IGVS comprometese a adxudicar esta vivenda á persoa que quedou no número 15 da lista de beneficiarios que optaban a posuír un destes chalés
* Ademais, o organismo autonómico aboará ao Concello 106.246,96 euros que posibilitarán o acondicionamento de distintas estradas do municipio.
Cervo, 31 de marzo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, desprazouse no día de hoxe á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para concretar os detalles do convenio que o Concello de Cervo ten previsto firmar co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) mediante o cal se posibilitará que a persoa que quedou no posto número 15 da lista de demandantes de vivendas sociais da promoción pública feita en Río Cobo poda ser o adxudicatario do inmoble que inicialmente estaba destinado como de titularidade municipal.
Hai que lembrar que o IGVS adxudicou hai uns días catorce das quince vivendas desta promoción. A vivenda restante tería que cedela ao Concello por ter proporcionado o consistorio o solo de xeito gratuíto para que se construíran nel estas vivendas sociais.
O convenio consiste na renuncia por parte do Concello aos seus dereitos de propiedade do inmoble que lle pertencía dentro da devandita promoción de 15 vivendas e a cambio, o IGVS comprometese a adxudicar esta vivenda á persoa que quedou no número 15 da lista de beneficiarios que optaban a posuír un destes chalés. Ademais, o organismo autonómico aboará ao Concello 106.246,96 euros para levar adiante obras de acondicionamento nas rúas da Cruz, do Xunco e da Veiga en San Ciprián; así como na travesía entre as rúas Once, Trece e a rúa de acceso á urbanización de Río Cobo.
Para o alcalde, a materialización deste convenio será beneficioso para Cervo en dúas vertentes “Por un lado asegurámonos que un veciño do noso municipio poida optar a unha nova vivenda de promoción pública, que en definitiva é a finalidade inicial desta promoción do IGVS; e por outra banda, o Concello poderá afrontar a realización dunha serie de melloras en infraestruturas viarias municipais moi necesarias, xa que se trata de actuacións moi demandadas polos veciños e que perseguen paliar as deficiencias existentes nestas rúas” indicou.
“Pretendemos, en definitiva, seguir na liña de mellora e acondicionamento das infraestruturas básicas do noso municipio porque estamos convencidos de que sempre é bo traballar e priorizar en conseguir investimentos que sexan realmente beneficiosos e rendibles para o conxunto dos cidadáns. Por iso, temos o compromiso de seguir traballando nesta liña e continuar tecendo os alicerces dunhas infraestruturas básicas que nos permitan seguir medrando dun xeito harmónico e con garantías de futuro para o conxunto dos cervenses” rematou o alcalde.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



