A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha cea para celebrar os seus dous anos de andaina feminista. Será o día 5 en Foz despois de celebrar asemblea xeral.
Nota de Prensa
“Dous anos mirando pola Igualdade”. O Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra os seus dous anos de andaina feminista coa celebración dunha cea de todas e todos os socios e simpatizantes.
A cea terá lugar ás 22.00h no restaurante A Maseira, Foz, o próximo venres día 5 de marzo. Anteriormente celebrarase unha Asemblea Xeral dirixida a socios/as na Casa do Mar de Foz.
Coincidindo coa celebración do 8 marzo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade cumpre dous anos de andaina feminista. Para elo, terá lugar unha asemblea xeral de socios/as na que se fará un balance da situación actual da Asociación e se presentará a memoria 2008-2010 que se entregará, en forma de libriño, aos socios/as. Tamén se realizará un balance dos gastos e se tratarán as actividades propostas para o 2010 así como o presuposto. Ao finalizar o acto haberá unha cea de celebración no restaurante “A Maseira”. As persoas socias pagarán 10 euros e as non socias 15.
Durante estes dous anos o Observatorio celebrou máis de vinte actividades, entre campañas informativas, charlas-café, obradoiros, videoforum, talleres, cursos, etc. Así mesmo, en agosto do ano pasado levou a cabo unha campaña de afiliación e agora mesmo conta con arredor dun centenar de socios e socias. O obxectivo para o ano 2010 é seguir traballando pola igualdade de xénero na Mariña de Lugo e continuar realizando actividades destinadas ás mulleres mariñás.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



