SANTIAGO .- Colectivos e entidades sociais mostran o seu desacordo coa autorización a unha mina ás portas das fragas o Eume e opóñense ao “proxecto de mina de andalucita promovido pola empresa Picobello Andalucita S.L. no Concello das Pontes por supoñer a destrución do nacemento do Río Belelle e afectar gravemente ao Parque Natural das Fragas do Eume”.
NOTA DE PRENSA
A XUNTA APROBA UNHA MINA A CEO ABERTO DE ANDALUCITA ÁS PORTAS DAS FRAGAS DO EUME E NA ZONA DE AMPLIACIÓN DA REDE NATURA
Os colectivos ADEGA, Club de Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia manifestan unha vez máis a súa absoluta oposición ao proxecto de mina de andalucita promovido pola empresa Picobello Andalucita S.L. no Concello das Pontes por supoñer a destrución do nacemento do Río Belelle e afectar gravemente ao Parque Natural das Fragas do Eume.
31 de marzo de 2010. Tal e como xa manifestaran no ano 2007, as asociacións e colectivos citados enriba, rexeitan tanto o proxecto de explotación como a Declaración de Impacto Ambiental publicada o 11 de marzo no Diario Oficial de Galicia por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Consideran que dito documento non é de recibo, xa que está cheo de érros e incongruencias, e ademais sorprende que despois de ser rexeitado pola anterior Consellería de Medio Ambiente, agora se lle pretenda dar luz verde ao proxecto sen que sufrira modificacións significativas. Consideramos que se aplica aquí o principio do “rodillo” administrativo para favorecer os intereses privados dos promotores da explotación, pasando por riba da lexislación ambiental, tanto autonómica como estatal e comunitaria.
Os mesmos perigos ambientais seguen presentes no proxecto. Así, de levarse a cabo, suporía a destrución definitiva e irreversible do nacemento do Río Belelle. Neste senso, non se cumpren os requisitos que establece o Real Decreto 2857/78 que aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría. Este decreto, no artigo 3 dispón: “No podrán abrirse calicatas, efectuar sondeos ni hacerse labores…a menos de cien metros de alumbramientos, canales, acequias y abrevaderos o fuentes públicas.”
Este proxecto afectaría moi negativamente á cantidade e á calidade das augas bombeadas do río Belelle na estación de captación feita polo Concello de A Capela, a moi pouca distancia augas abaixo da localización da citada mina, para abastecer de auga potable a todo o Concello de A Capela e á parte alta dos Concellos de Fene e Cabanas. Hai que lembrar que tamén os concellos de Neda e Ferrol se abastecen da agua procedente do Belelle. Segundo o artigo 60 da vixente lei de augas o abastecemento de poboación ten preferencia sobre calquera outro uso, de aí o risco para as poboacións da posta en marcha da mina no citado emplazamento.
Por outra parte, a zona afectada é refuxio dunha flora e fauna de grande riqueza. Así, nas beiras do rego Cernadas, apréciase a presenza do felgo macaronésico Dryopteris aemula (especie que figura como VULNERABLE no Catálogo de Especies ameazadas de Galicia), así como especies de liques do xénero Usnea, indicadores de boa saúde atmosférica.
Por outra banda, a zona de explotación sitúase xusto sobre unha fraga autóctona de máis de 25 hectáreas que tamén desaparecería, polo que resultan intolerables afirmacións do tipo “da análise ambiental non se desprenden afeccións a espazos naturais protexidos ou compoñentes significativos da biodiversidade”, cando é de todo punto sabido que as fragas representan en Galicia a grande reserva para a biodiversidade, así como que o seu número e extensión diminúen día tras día debido á expansión de cultivos forestais con especies alóctonas como o eucalipto. Ademais dita fraga está incluída na Proposta de Ampliación da Rede Natura, polo que mentres non se decida sobre dita ampliación este espazo debería permanecer libre de agresións.
Tamén resulta digno de ter en conta, dende o punto de vista da conservación, que o Monte Fontardión, a cuxo pé se atopa a zona que se pretende explotar, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural das Fragas do Eume e o L.I.C. Xubia-Castro, condición que desaparecería de levarse a cabo a explotación.
Por outra banda, o espazo previsto como entulleira sitúase xusto sobre o rego Manciñeira, tributario do Eume, o cal supón un deterioro tamén da súa cabeceira e un perigo constante para a calidade das augas, tanto por emisións de pó e de lixiviados, como pola posibilidade de rotura das balsas de decantación. Asímesmo, o presunto espazo de amortecemento de 50 metros respecto aos límites do Parque Natural que aparece no E.I.A. resulta claramente insuficiente para frear as emisións de pó, de gases e de ruídos, que acabarían afectando sen dúbida ao espazo protexido, así como ás vivendas colindantes.
Asemade, as organizacións mencionadas consideran que esta declaración de impacto ambiental entra en conflito co establecido na Lei 5/2006, do 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos, que establece nos seus principios xerais, artigo 1º: “Declárase prioridade de interese xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a conservación do patrimonio natural fluvial, que inclúe a biodiversidade da flora e da fauna dos ríos galegos, así como o patrimonio etnográfico e histórico-cultural relacionado.” Igualmente no artigo 2º establece: “Declárase, así mesmo, obriga das administracións públicas galegas garantir a súa protección, conservación e mellora.”
Semella que neste caso a administración autonómica ambiental está máis preocupada de garantir os intereses económicos dos promotores da mina que de atender ás súas obrigas legais de protección do medio ambiente.
Por último, as organizacións asinantes consideran que a apertura da citada mina suporía tamén a perda dunha contorna que atesoura non só grandes valores naturais, senón tamén culturais e antropolóxicos (muíños, rueiros, acueductos, soutos, regadíos, etc.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



