- Lago, en Xove, celebra este domingo a 27º Feira de Gando Cabalar
Na presentación, este luns, participou Leandro Quelle e Rubén Rubiños como membros da Asociación Equina A Medela, organizadora da feira, acompañados polo alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de agricultura, Dolores Meitín. Dende o Concello de Xove convidan a toda a veciñanza e tamén a todos aos afeccionados/as ao mundo do gando a que se acheguen disfrutar dunha xornada familiar dende as 9.30, con importantes premios e sorteo dun poldro.
- Novos faladoiros de Arruguiñas Charlando programados para este mes de maio
Unhas xornadas participativas nas que se abordarán temas moi interesantes para o consumidor baixo o epígrafe "Consumo en Ruta" en colaboración coa Xunta de Galicia e da asociación Xubilados Terramar. O primeiro será este mesmo martes, 13 de maio, baixo o título: Coñece os teus dereitos como consumidor. Será ás 18:30 horas. No local social da asoc de Xubilados Terramar, na Casa do Mar.
- O pasado mércores, 7 de maio, José, veciño de Labradela, na parroquia de A Rigueira (Xove), celebrou o seu centenario
Este domingo compartiu unha emotiva comida coa súa familia e recibiu tamén a visita do alcalde, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Servizos Sociais, Tamara Soto, que lle transladaron os seus parabéns. Un século de vida, historias e sabedoría compartida. Un día inesquecible rodeado de agarimo.
- Un alumno do IES de Foz acada un cuarto posto no Combiguru Challenge en Venecia
Bruno Arca, alumno de 1º Ciclo Medio de Cociña, acadou un 4º posto no Combiguru Challenge celebrado en Venecia os días 8 e 9 de maio. O concurso consiste en realizar unha serie de probas na APP da compañía, famosa polos seus fornos. Os seleccionados van a Venecia para participar no concurso no cal teñen que preparar un prato e unha sobremesa durante tres horas, sempre empregando os fornos da marca. Os dous días de concurso inclúen visitas guiadas pola cidade de Venecia e formacións con cociñeiros de prestixio como Paolo Casagrande, do Restaurante Lasarte de Barcelona con tres estrelas Michelin.
- Cristobal Rodriguez foi elixido para ocupar unha cadeira no Comite Tecnico da Federación Internacional de deporte Universitario (FISU) con sede en Lausane
O viveirense será adxunto a presidencia e asesor do suízo Phip Waeffler no comité técnico internacional de Pentatlón Moderno para os vindeiros catro anos e co visto e prace da UIPM, onde se desempeña como Oficial de Operacións de Eventos e programa de formación de adestradores dentro da Unión.
- Alfonso Villares en Expomar
O conselleiro do Mar visitou este venres a Feira Náutico Pesqueira que se celebra ata o sábado.
- A Casa Real parabeniza ao CD Burela FS
Este xoves recibíuse unha comunicación da Casa Real, felicitando pola consecución da Copa da Raíña 2025.