Nota de Prensa
Os populares ven nas críticas socialistas ao Presidente de Portos de Galicia unha cortina de fume para tapar as liortas internas do PSOE ao respecto da Lei do Solo e lembran que non consta a admisión a trámite polo xuíz da denuncia da Fiscalía nin polo tanto imputación algunha contra este alto cargo autonómico
O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE MANUEL VÁZQUEZ E CARMEN GALLEGO PUIDERON REVISAR A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DA PISCIFACTORÍA DE RINLO E NON O FIXERON
* Balseiro desenmascara a careta do PSOE que tan só pretende acusar por acusar en base a mentiras: o procedemento seguido foi avalado pola UE, que arquivou unha denuncia sobre esta mesma cuestión, e Declaración de Impacto Ambiental foi realizada antes das eleccións autonómicas e non por un Goberno en funcións
* Tanto a UE como o anterior comisario de Pesca confirmaron que é posible desenvolver industrias acuícolas en terreos da Rede Natura, os mesmos nos que se instalou a piscifactoría de Mira en Portugal, onde o bipartito expulsou un proxecto empresarial chamado a xerar riqueza e emprego en Galicia
Santiago, 09 de abril de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, vén saír ao paso das críticas efectuadas desde o PSOE ao respecto da denuncia da Fiscalía contra o actual Presidente de Portos de Galicia por autorizar no ano 2005 a declaración de impacto ambiental do proxecto de piscifactoría de Rinlo, en Ribadeo (Lugo). O voceiro popular amósase sorprendido que tanto os socialistas Manuel Vázquez como Carmen Gallego cualifiquen como “ilegalidades e mal procedemento” unha actuación que puideron revisar desde as súas responsabilidades de Goberno na Xunta bipartita e non o fixeron. Resulta especialmente chamativo que como titulares dos departamentos autonómicos de Medio Ambiente e Pesca, ningún dos entón conselleiros, revisaron esta declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de piscifactoría de Rinlo.
Balseiro Orol está convencido que as críticas do PSOE queren ser unha cortina de fume para tapar as liortas internas do PSOE ao respecto da Lei do Solo, “pretenden acusar por acusar e o que é peor, o fan en base a mentiras” xa que eluden explicar que o procedemento seguido foi avalado pola Unión Europea, que incluso chegou a arquivar unha denuncia da organización ecoloxista nacionalista ADEGA sobre esta mesma cuestión. O voceiro do Mar corrixe tamén a Manuel Vázquez quen afirmou que a declaración de impacto ambiental foi aprobada por un Goberno en funcións, xa que tanto a súa remisión ao órgano que aproba (do 18 de maio) como a resolución pola que se fai publica (do 30 de maio) son anteriores á cita electoral do 19 de xuño de 2005.
REDE NATURA COMPATIBLE COS PROXECTOS ACUÍCOLAS
O voceiro do Mar do Grupo Popular volve a cualificar como “rotundamente falso” o repetido argumento dos socialistas de que non se poden facer plantas de acuicultura da Rede Natura, unha cuestión desmentida pola Unión Europea, en resposta escrita, e polo anterior comisario de Pesca, así como tamén polos feitos, xa que a piscifactoría instalada na localidade portuguesa de Mira, está situada precisamente na súa maior parte en terreos desta rede de protección ambiental. Balseiro Orol insiste en que estamos a falar dunha normativa europea que é común e igual en todos os estados da Unión, e polo tanto aquí como en Portugal cara onde a Xunta bipartita expulsou a maior granxa de cría de rodaballo do mundo, un proxecto empresarial chamado a xerar riqueza e novos empregos en Galicia.



















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



