Nota de Prensa
OS SOCIALISTAS RECLAMAN NO PARLAMENTO LICITAR DE INMEDIATO A OBRA DO NOVO ALBERGUE DE RIBADEO
– A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo advirte que este albergue é sumamente necesario dada a escasa capacidade do que xa existe que non pode dar servizo o cada vez maior número de solicitantes e o novo albergue tería, segundo o proxecto, un número elevado de prazas, en torno a 60 máxime, atopándonos nun Ano Santo
– A deputada denuncia que a pesar da necesidade e de que xa se conta co proxecto, nada se fixo dende a actual Consellería de Cultura e Turismo mailas repetidas peticións do Concello
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2010. A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo rexistrou, diversas iniciativas na Cámara Autonómica, nas que reclama licitar de inmediato a obra do novo albergue de Ribadeo, no edificio cedido polo bispado, e a comezar a súa construcción no menor tempo posible.
A portavoz socialista lembrou que o anterior Goberno da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, adquiriu o compromiso de facer un novo albergue de peregrinos en Ribadeo dado o importante crecemento de peregrinos no Camiño Norte ao que se accede a Galicia dende esta vila. Para iso asinouse un convenio co Bispado polo cal este cedía o edificio dun antigo colexio radicado no casco vello para ser acondicionado como albergue de peregrinos. O proxecto para esta construcción xa está redactado e entregado á Consellería de Cultura e Turismo.
Burgo advirte que este albergue é sumamente necesario dada a escasa capacidade do que xa existe que non pode dar servizo o cada vez maior número de solicitantes e o novo albergue tería, segundo o proxecto, un número elevado de prazas, en torno a 60 máxime, atopándonos nun Ano Santo.
A deputada lucense denuncia que a pesar da necesidade e de que xa se conta co proxecto, nada se fixo dende a actual Consellería de Cultura e Turismo mailas repetidas peticións do Concello. Afirma que “ esta desidia non só provoca que sigan sendo escasas as infraestructuras do Camiño Norte senón que está poñendo en perigo a posibilidade de rehabilitación do edificio xa que a finais do mes de marzo derrubouse unha parte, quedando a estructura moi afectada, o que pode provocar que se veña abaixo co perigo que iso supón”, aseverou Burgo.


















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



