RIBADEO (FNC) .- Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo informan que está aberto o prazo ata o 7 de maio para solicitar axudas individuais para a promoción da autonomía persoal e accesibilidade.
Trátase da cvncesión de axudas individuais, de carácter non periódico, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2010, con efectos do 1 de xaneiro, destinados a: axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria; adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda e adquisición de próteses dentais e audífonos.
Os beneficiarios serán: persoas maiores de 65 ou máis anos que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou sanitaria; persoas con discapacidade menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% por resolución anterior á data de publicación desta orde; persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: Grao III, niveis 1 e 2 e Grao II, nivel 1 e 2 e persoas que teñan solicitado o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta orde (7/04/2010), sempre que lles sexa recoñecida en calquera dos graos e niveis anteriores.
Programa Volver á casa
O programa Volver á casa pretende promover o contacto dos galegos residentes no exterior cos seus familiares e coa súa terra, fortalecendo os vínculos de unión con Galicia. As axudas consistirán no pagamento do 60% do custo do traslado a Galicia, a data de presentación das solicitudes remata o vindeiro 22 de abril. Poderán ser solicitantes as persoas que cumpran os seguintes requisitos: ser emigrante galego, entendendo como tal os nados en Galicia ou que tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia, e que acrediten esta condición no correspondente consulado de España; ter nacionalidade española; residir en América; ter 55 ou máis anos de idade contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes; non ter participado nos últimos 5 anos naturais en programas de viaxes a Galicia da secretaría xeral de Emigración; valerse en por si e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración; ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante estadía en Galicia e ter ingresos inferiores a 3 veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do estado español fixado en 2010 para o país de residencia. Se a/o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70% da devandita cifra polo nº de convivintes menos un.
Poderán ser beneficiarias as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos parte dos requisitos anteriormente enumerados e acheguen a documentación xustificativa. Tamén poderán ser solicitantes os fillos de emigrantes galegos que sexan galegos e que cumpran cos requisitos sinalados neste apartado.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



