RIBADEO (FNC .- Mércores, día 5 de maio, celebrase en Ribadeo o Correlingua 2010 no que participan máis de 1.300 rapaces e rapazas tanto de educación primaria como de secundaria dos centros da Mariña.
O Correlingua é unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. O lema deste ano é “Galego:a forza do noso amor”.
O percorrido deste ano comeza na área recreativa de Santa Cruz e remata na praza do Cantón, pero coa particularidade de que os participantes van a baixar á vila de Ribadeo seguindo o Camiño Norte de peregrinaxe. A chegada ao Cantón está programada para 11:00 h. Despois haberá distintas actuacións dos rapaces e tamén do grupo musical Machina. O remate terá lugar ás 13:00 h. una vez lido o Manifesto gañador deste ano que foi o realizado por alumnos/as do IES Porta da Auga. Algúns centros para completar a xornada quedaranse a disfrutar e coñecer Ribadeo antes de marchar.
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica galega, A Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, coa colaboración dos concellos de Ourense e A Coruña, e as Deputacións Provinciais de Lugo e A Coruña, e co patrocinio de Galicia Calidade e o Xacobeo.
Así mesmo, a organización do Correlingua ten que agradecer sobre todo ao profesorado dos centros, particularmente ás equipas de normalización lingüística, a súa colaboración así coma o Concello de Ribadeo polo seu apoio e boa disposición por acoller o Correlingua.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



