BURELA (FNC) .- A Fundación Lois Peña Novo ven de premiar ao Concello pola súa divulgación do galego a través do denominado Modelo Burela. O galardón será entregado nun acto previsto para o vindeiro 30 de xuño no Castelo de Soutomaior.
O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “recibimos con grande ledicia a comunicación da secretaria da Fundación Lois Peña Novo para outorgarlle ao Concello un premio á política de interculturización de numerosas comunidades internacionais asentadas en Burela. Din que é unha experiencia pioneira e modélica para o restos dos concellos galegos inmigrantes de distintas procedencias e culturas”.
O rexedor engade que “a política lingüística do Concello de Burela, que se desenvolve sen conflictos a partir dunha pedagoxía nas escolas municipais, fixo posible que o 81% da poboación fale galego en Burela. Na Fundación louban que os grupos políticos do Concello respaldemos por unanimidade esta política de integración. O que se fixo aquí foi dar este premio polo denominado Modelo Burela que nace no IES Perdouro, no que están representadas todas as comunidades asentadas aquí”.
Llano asegura que o premio foi “unha sorpresa moi grata. Recollerémolo no Castelo de Soutomaior o 30 de xuño, representantes do Modelo Burela, do IES Perdouro, do Concello e algunha persoa máis que nos queira acompañar. Noraboa a todos os que participan nesta iniciativa”.
Expomar
Hoxe ás cinco da tarde a conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurará as XVII Xornadas Técnicas Expomar que se desenvolverán na cofraría de pescadores. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, organizadora do evento, manifesta que “estas xornadas favorecen que o noso peso no sector do mar sexa cada vez máis grande. Sempre hai moita participación porque hai moito interese polos temas que xurden ano tras ano no sector. O tema central será a política común de pesca e as novas obrigas de control comunitario”. As Xornadas Técnicas serán clausuradas mañá venres polo presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. E mañá tamén se celebrará o XI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras a partires das 10 da mañá na sala de xunta de ABSA.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



