RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que un goberno non é goberno se non ten uns presupostos cos que traballar. O rexedor cualificou de lamentable, patética e penosa a actitude dos partidos da oposición no pleno extraordinario celebrado esta mañá no que rexeitaron por segunda vez o proxecto de orzamentos presentado polo BNG. Agora ábrese o prazo dun mes para que presenten unha moción de censura, de non ser así os presupostos de 2010 quedarían aprobados automaticamente.
O rexedor explicou que “na sesión de hoxe presentamos de novo a proposta de presupostos para o ano 2010 insistindo na necesidade de que o Concello de Ribadeo, nun momento difícil a nivel xeral e a nivel municipal, ten que ter uns orzamentos vixentes do ano en curso. Non podemos estar cuns presupostos prorrogados porque cando se iso ocorre prorrógase o gasto ordinario, pero non se prorrogan as inversións e nos parece suicida seguir cos orzamentos de 2009”. Desde o equipo de goberno “volvemos insistir en que se trata dun presuposto axustado, equilibrado, no que baixamos o gasto corrente, no que hai investimentos importantes e hai un fondo social contra a crise inédito na maioría dos Concellos e que aquí queremos levar adiante. Ademais levamos tres anos sen recurrir a un só préstamo bancario, o PP pediu no seu último mandato 2.400.000 euros e no goberno do PSOE de Balbino Pérez Vacas, do que nós tamén formamos parte, solicitouse un préstamo de 1.200.000 euros e nós agora o único que fixemos foi amortizar préstamos doutras etapas, de tal maneira que levamos xa amortizados 1.200.000 euros”.
Pago aos funcionarios
Suárez Barcia considera que “aos grupos da oposición pouco ou nada lles interesaron estas cifras e estas previsións dado que nos 25 minutos de debate previos a que o alcalde fixese o alegato final para someter a votación os presupostos o único que fixeron os portavoces de PP, PSOE e UPRI foi marear a perdiz e xustificar o inxustificable, dicindo que o alcalde non tiña palabra porque non repartiu os 68.000 euros entre os funcionarios municipais, porque o alcalde se comprometera en pleno e logo non cumprira”. O alcalde e o seu grupo “sabemos e sempre soubemos na minoría na que estamos, de aí que tentamos achegarnos a todos, tanto a uns coma a outros, e buscamos os apoios para sacar adiante as cousas e non foron poucas as que se sacaron. Pero agora ao finalizar este mandato intentan calquera escusa e me parece triste, lamentable, patético e penoso que o único argumento que teñen é que o alcalde non repartiu 68.000 euros entre os funcionarios”.
O alcalde de Ribadeo sinalou que “sabendo na minoría na que estamos, tentamos negociar para cumprir ese acordo que tivemos que admitir do PP hai un ano, pero o alcalde non pode nin debe facer nada que vaia contra a lei nin con informes de Intervención desfavorables e a única maneira que tiña para chegar a un acordo era negociar cos sindicatos á hora de sacar unha nova relación de postos de traballo, aceptándolles unha chea de cousas, pero que sempre eran insuficientes para os representantes dos traballadores. E ao final resultou que os propios sindicatos romperon as negociacións e foi entón cando decidimos presentar os presupostos sen ningún tipo de incremento porque nós non podemos nin debemos repartir un só céntimo á marxe da legalidade”. Fernando Suárez engadiu que “eu supoño que para moitos funcionarios este goberno municipal e concretamente a figura deste alcalde lles resultará un tipo antipático e duro, pero dubido moito que fora das catro paredes do Concello a opinión pública da xente estea do seu lado, todo este asunto os está enervando moito e creo que a opinión que están sostendo de xeito unánime os tres grupos da oposición de condenar todo un presuposto de inversións para a vila, para as parroquias, para facer novos nichos, para amañar o casco vello… condicionar todo iso a que o alcalde non repartiu 68.000 euros paréceme francamente lamentable”.
Reflexión e mensaxe final
O rexedor ribadense dixo que “un goberno non é goberno se non ten uns presupostos cos que traballar, porque non podemos estar todo un ano ata as eleccións coas mans atadas só para pagar o gasto ordinario e as nóminas dos funcionarios, para iso non estamos. Nós vimos ao goberno para traballar e para facer cousas por Ribadeo e estivemos e estamos a facer moitas cousas con moito menos diñeiro que o que tiveron outros cando había vacas gordas, a nós tócanos xestionar as vacas fracas e nós nos imos ser uns inconscientes, incluso ata o punto de que estamos dispostos a deixar o noso cargo e que despois a cidadanía no ano 2011 poña a cadaquén no seu sitio”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



