LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este xoves unha xuntanza coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na que acordaron os prazos da transferencia dos hospitais provinciais ó SERGAS, de tal xeito que a sinatura do protocolo marco que vai guiar o traspaso dos centros sanitarios de San Rafael e de San José producirase en Lugo ó redor do 15 de xuño, co obxectivo de que a transferencia sexa efectiva o 1 de xaneiro de 2011, momento a partir do cal o SERGAS se encargará dos traballadores e dos doentes.
No encontro de hoxe o titular provincial e a responsable do departamento autonómico pecharon os puntos xerais sobre a liquidación da débeda contraída pola Xunta coa Deputación dende o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2009, quedando por realizar pequenos axustes económicos da anualidade de 2010.
O máximo mandatario provincial subliñou que “nunha situación económica como a actual adelgazamos a propia Deputación de Lugo, o cal se reflectirá no Orzamento de 2011. Non nos temos que adicar a competencias impropias, a unha función que nas últimas décadas non tiña razón de ser. No momento actual hai que apelar á responsabilidade e á utilidade. Hoxe pechamos un episodio anacrónico”.
A transferencia dos hospitais permitirá ofrecer ós pacientes servizos de calidade e racionalizar os recursos públicos. Para a Deputación esta era unha asignatura pendente, polo que o actual equipo de goberno amosou dende o primeiro momento unha vontade decida para sacar adiante o proceso. Neste senso, Gómez Besteiro lembrou que o inicio das negociacións se produciu co anterior goberno da Xunta, “porque para nós este é un proceso querido e saudable, sobre todo en termos económicos e competenciais”.
A xuntanza de hoxe é un acontecemento histórico resultado dunha boa xestión protagonizada polo actual equipo de goberno, o mesmo que desbloqueou e pagou as outras grandes débedas históricas desta provincia como o canon hidroeléctrico, os parques de bombeiros ou a UNED.
Sanitarios e doentes
Tal e como figurará no protocolo que asinarán o responsable provincial e a Conselleira de Sanidade en xuño, só quedarán 22 traballadores que seguirán pertencendo á Deputación. No caso do persoal sanitario do hospital de San José o traspaso producirase no último trimestre de 2010 e, no caso dos profesionais de San Rafael, este realizarase nos primeiros tres meses de 2011, sendo a data máxima o 31 de marzo.
Sobre este asunto, Farjas anunciou que a vindeira semana o departamento que dirixe iniciará os contactos coa Consellería de Benestar para estudar de xeito individual a situación particular de cada enfermo do centro de San Rafael, e definir o procedemento a seguir segundo a súa patoloxía.
Inmobles
Polo que se refire ós inmobles, Gómez Besteiro anunciou que se porá en contacto inmediatamente cos Alcaldes dos Concellos de Lugo e de Castro de Rei, para abordar o seu uso. Deste xeito, subraiou que, no caso das instalacións de Castro Riberas de Lea, a Deputación queda aberta a calquera proxecto, e a súa participación limitarase á cesión do inmoble.




















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



