O rei da primavera é o mes de maio, nome éste que procede de “Maia”, nai do deus Mercurio, e que por representar o trunfo da vexetación leva o nome de “mes das flores”. En maio remátase de sementa-lo millo, e cando se facía na última finca dunha casa poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor; era o que se chamaba “poñer o ramo ó maio”. O mes era tamén saudado pola galanura das súas flores: “velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven San Xoan que as trae mellores”.Ó mes de maio refírense unha chea de refráns e algúns ditos, como aquel que se aplica a unha muller que vai para o traballo e entretense falando con outra persoa: “ non fagas como a da grade”, dito que procede dunha rapaza que, nunha mañanciña de maio, cando se dirixía a gradar unha finca atopouse cun mozo e pasou o día enteiro falando con él. Ó anoitecer, cando volvía para a casa, exclamaba: “días de maio, días de amargura, inda ben non amañece xa é día escura”. Acontece neste tempo a apoteose florida da vida, algo a celebrar entre a paisaxe e a paisanaxe: escoitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiros do “tempo claro”, como un reloxio que marca e fai relembrar o paso do tempo, por outra banda bó agoiro entre as xentes do rural; significa amor, fartura, bó tempo. Comenzan así as festas do ramo florido. A flor sempre como insignia de vida, porque no ciclo será froito e novamente semente.“Os maios” son unha das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando os froitos que nos da a natureza pódese aprecia-la creatividade das xentes nas súas composicións florais, ou nas coplas que acompañan ós maios, que son elementos fundamentais na escenificación da celebración, de orixe prehistórico. Os maios poden ser “humanos “ ou “figurados”. Nos primeiros un cativo é o “maio”. Aquí o neno ou mozo cúbrese con flores, fionllo, herbas e espadanas, imitando as vestimentas dos peregrinos; os “figurados” fórmaos unha figura cónica, piramidal, de cruceiro, de barco, un monumento. Van transportados sobre plataformas, cubertos con polas e adornados con todo tipo de flores e vexetación. Son singulares os maios artísticos de Ourense, onde se conservan mais fielmente, festa declarada de interese turístico.
Suso Fernández




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



