CERVO .- A xefatura territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abre o martes o prazo de matrícula para a obtención do título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos
Nota de Prensa
EDUCACIÓN ABRE O PRÓXIMO MARTES O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
A data límite para formalizar a inscripción para a proba de xuño rematará o día 28, en tanto que para os que desexen presentarse aos exames de setembro, o prazo queda fixado do 1 ao 3 dese mesmo mes
Lugo, 16 de maio de 2010.- A xefatura territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abre o próximo martes 18 o prazo para formalizar a matrícula de cara participar nas probas de obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos.
No caso de Lugo, os trámites de matriculación deberán realizarse nas instalaciones do Centro de Ensino para Adultos de Albeiros, sito no Parque da Milagrosa da capital da provincia.
O prazo para darse de alta para as probas de xuño rematará o día 28 deste mesmo mes. Os exames desta primeira convocatoria desenvolveranse o día 10 de xuño no mesmo centro de Albeiros. Por outra banda, os que pretendan presentarse na convocatoria extraordinaria de setembro, o prazo de matrícula hábil queda fixado entre o 1 e o 3 dese mesmo mes, no mesmo lugar de formalización que no caso das de xuño.
A data para a realización das probas extraordinarias será o 10 de setembro. Ao igual que na convocatoria de xuño, as instalacións do Centro de Ensino para Adultos de Albeiros serán o escenario no que se levarán a cabo as probas.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



