BURELA (FNC) .- Reuníuse por primeira vez desde a súa constitución o comité de xestión das praias. Segundo explica a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza “trátase dun órgano aberto, dun foro de participación para mellorar o funcionamento dos nosos areais”.
Deste comité forman parte membros da brigada de obras do Concello, de Protección Civil, da Policía Local e de Gaia ademáis da técnico de Medio Ambiente. O comité está presidido polo alcalde, Alfredo Llano, e nel están tamén os concelleiros de Obras, Turismo e Medio Ambiente, un representante do PP, membros de O Vencello e Pasada das Cabras, así como das empresas que xestionan a limpeza e a auga en Burela, Celta Prix e Espina y Delfín.
Lucía Bouza manifestou que “ao encontro de onte asistiu tamén unha persoa enviada pola Deputación de Lugo para a implantación do sistema de xestión ambiental ISO 14001 e o EMAS nas praias de A Marosa, Ril e Portelo. Este proxecto, que prevé a realización de auditorías para comprobar o estado destes areais e para controlar todo o que se fai neles, obrigaranos a coidar máis as praias durante todo o ano e nón só na época estival”.
O comité de xestión das praias de Burela voltará a reunirse no verán.