LUGO.- O Pleno da Deputación aprobou este martes, coa abstención do Partido Popular, a proposta da presidencia en relación co Plan Económico Financeiro para o período 2008-2009 e aprobado polo Pleno en xullo de 2008, e na que se amosa que o organismo provincial acada a estabilidade orzamentaria un ano antes da vixencia do Plan. Isto débese á boa xestión protagonizada polo actual equipo de goberno, o cal implica que o documento queda sin efecto.
Así mesmo, o organismo provincial reclamará á Xunta de Galicia que execute con urxencia as obras incluídas dentro dos denominados Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2009 nos Concellos da provincia de Lugo, xa que a día de hoxe aínda non se realizaron nin tampouco se sabe cando se poden levar a cabo. O voceiro provincial socialista subliñou que “levamos 17 meses sen saber nada do asunto e isto é unha cuestión indiscutible. Os veciños xa están sufrindo as consecuencias. Os convenios son para cumprilos, polo que señor Barreiro vostede non convence nin ós propios Alcaldes, e terá que dar explicacións ós veciños”.
O importe total destes acordos, que están xestionados polo goberno autonómico, proceden de fondos estatais do Ministerio de Medio Rural e Mariño, prevén a execución de obras relativas a camiños agrícolas e pistas rurais por un importe máximo de 18 millóns de euros, aportando a Xunta de Galicia 9,5 millóns.
Esta iniciativa foi creada para dinamizar a base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboacion que reside nestas zonas, e contribuir a fixar poboación. Malia que a administración autonómica acaba de definir as cantidades que podería destinar a cada Concello no período 2009-2010 e tendo en conta que o Conselleiro de Medio Rural asinou no mes de marzo os convenios con 12 Concellos da provincia por importe de 1,2 millóns de euros, a día de hoxe as entidades locais non coñecen cales son as actuacións que ten previstas executar o departamento autonómico.
Coordinación entre administracións polos danos na Mariña
Ante a moción presentada polo Partido Popular sobre a coordinación de administracións para o arranxo dos danos producidos polo temporal, o Presidente da Deputación informou de que o Subdelegado do Goberno, co fin de buscar unha coordinación eficaz entre administracións e ó igual que o fixo no seu momento a Deputación, vén de remitir as actuacións levadas a cabo polo Goberno Central nesta zona da provincia.
Gato Soengas puntualizou que, a diferenza da Xunta de Galicia, a Deputación non só actúa nas vías provinciais, senón tamén nas de titularidade municipal, “polo que o que lles sosprende a vostedes é a reacción da Deputación e que o Presidente chegara coa chequera no bolsillo. O que lles molesta é que o Parque Móbil hoxe funcione e este traballando nos Concellos da provincia. A actuación da Deputación foi absolutamente exemplar e non como se fixo no ano 2000 cando aconteceu algo semellante en Sarria e esta institución permaneceu agochada”. Neste senso, o máximo mandatario provincial puntualizou que “a Deputación estivo á altura e a xente da Mariña sábeo. Non se lle deu a espalda a ninguén, xa que o modus operandi foi consensuado nunha reunión con todos os Alcaldes”.
800.000 euros de aforro
Tamén se aprobou a aplicación do Real Decreto sobre as medidas extraordinarias para a redución do déficit público, referidas ó soldo dos traballadores, ó persoal eventual e ós cargos políticos, e co que o organismo provincial aforra 800.000 euros que irán destinados á débeda. Deste xeito a redución salarial será do 5% en toda a institución, aínda que esta se aplicará de forma porcentual en función dos salarios dos traballadores, seguindo o criterio marcado polo Goberno Central. Deste xeito, os descontos irán dende os 18,81 euros nas categorias máis baixas ós 938 dos traballadores mellor pagados. No caso dos cargos políticos, esta reducción queda do seguinte xeito: o 9% no caso do Presidente, o 8% no dos Vicepresidentes, o 7% no dos Deputados con adicación exclusiva e, finalmente, o 5% nos de adicación parcial.
Plan Laxa
O Pleno tamén deu o visto e prace, cos votos en contra e coa abstención de Manuel Varela, á proposta do equipo de goberno na que se acorda instar á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, a que aprobe e desenvolva un novo plan para o fomento do emprego nos Concellos con traballadores afectados pola crise da lousa (plan Laxa) ou outro programa específico cos mesmos obxectivos e definicións co fin de manter a liña de axudas ós municipios e comarcas afectados pola crise deste sector para a contratación, o fomento do emprego e a formación.
Plan de Formación
Tamén se aprobou, coa absteción do PP, o Plan Agrupado de Formación Contínua da Deputación, a través do cal o organismo provincial, o Executivo Central e a Federación Galega de Municipios e Provincias aforran ós Concellos 427.481 euros, un 20% máis que na convocatoria anterior. Desta cifra, a Deputación achega o 37%, o Ministerio de Administracións Públicas o 60%, e a FEGAMP o restante. En total, o persoal das Administracións poderán participar ó longo de 2010 en 70 xornadas formativas, un 30% máis que o ano pasado. O seu contido responde ás demandas actuais como: a normativa galega sobre incendios forestais, o dereito urbanístico logo da modificación da lei, a xestión de axudas para entidades locais financiadas con fondos europeos, etc.
Asimesmo, as novas tecnoloxías tamén teñen unha ampla presenza no Plan de Formación co obxectivo de familiarizar a estes profesionais coa materia logo da total implantación da e-administración na provincia en 2011.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



