FOZ .- A Mancomunidade de Municipios da Mariña, que preside o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, acordou “expresar o seu agradecemento ao goberno galego polo compromiso adquirido para fortalecer e dotar de máis competencias a área sanitaria do norte lucense”. Según Fuente Parga os concellos de A mariña rexeitan a moción e os argumentos da plataforma sanitaria que defendeu o alcalde de Foz.
Nota de Prensa
A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA AGRADECE AO GOBERNO GALEGO O COMPROMISO DE FORTALECER E DOTAR DE MÁIS COMPETENCIAS Á AREA SANITARIA DO NORTE LUCENSE
* Os alcaldes valoran moi positivamente que Feijoo adiantara que o xerente de Burela xestionará tamén os centros de saúde da comarca que ata o de agora dependían de Lugo
* Os concellos rexeitan maioritariamente a moción “catastrofista” e os argumentos da plataforma sanitaria que defendeu en solitario o alcalde de Foz
A mancomunidade de municipios da Mariña lucense acordou na reunión celebrada na tarde de onte en Foz expresar o seu agradecemento ao Goberno galego polo compromiso adquirido para fortalecer e dotar de máis competencias a área sanitaria do norte lucense. Os alcaldes valoraron moi positivamente que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantara que o xerente de Burela xestionará tamén os centros de saúde da nosa comarca, que ata o de agora dependendían de Lugo.
Os concellos da Mariña rexeitan deste xeito maioritariamente a moción “catatrófista” e os argumentos empregados pola plataforma sanitaria en defensa da área norte sobre un “falseo e inexistente” desmantelamento do Hospital da Costa. Coa única excepción do Alcalde de Foz, que se quedou solo defendendo os argumentos deste colectivo promovido por PSOE e BNG, os representantes dos concellos mariñaos manteñen que lonxe de perder competencias e poder de decisión a área sanitaria da Mariña mellorará a súa xestión, autonomía e aumentará os servizos que se prestan no centro hospitalario.
As teses da plataforma sanitaria defendidas en exclusiva polo Alcalde de Foz, sumaron tamén a posición favorable dos representantes do concello da Pontenova na mancomunidade, curiosamente pese a que este municipio non forma parte da área sanitaria da Mariña lucense. A devandita circunstancia amosa con claridade que as críticas sobre o sistema de saúde pública agochan un interés partidista e político.
Aos concellos da Mariña dun xeito maioritario non lles convencen os argumentos da plataforma sanitaria, nin apoian a súa mobilización, porque ademais as críticas deste colectivo non se sustentan en ningún feito e contradicen dun xeito fragrante os distintos pronunciamentos que veñen de facer ante os medios de comunicación e no propio Parlamento de Galicia, tanto os reponsables da Consellería de Sanidade como incluso Presidente da Xunta.
Os concellos da Mariña defenderán sempre a mellora do sistema público de saúde na nosa comarca, “moi deteriorado pola mala xestión do anterior Goberno bipartito” e están convencidos de que o fortalecemento e ampliación de competencias do director xerente da área sanitaria de Burela (norte lucense) será positivo e servirá de grande apoio para acadar este obxectivo.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



