LUGO .- A xunta de goberno da Deputación aprobou catro novas actuacións por importe de preto de 1,3 millóns de euros, das que tres pertencen á iniciativa creada polo actual equipo de goberno, que se acometerán nos concellos de Lourenzá, Triacastela, Sarria e Begonte.
NOTA DE PRENSA
A Deputación pecha o mes de xuño coa contratación de máis de 7 M€ do Plan Extraordinario de Obra Pública
– A Xunta de Goberno aproba catro novas actuacións por valor de preto de 1,3 millóns de euros, das que tres pertencen á iniciativa creada polo actual equipo de goberno grazas á boa xestión realizada
– As actuacións levaranse a cabo nos Concellos de Lourenzá, Triacastela, Sarria e Begonte
A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contratación de catro novas obras que a Deputación acometerá nos Concellos de Lourenzá, Triacastela, Sarria e Begonte por valor de 1.284.060 euros. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, explicou que “menos a do municipio da Mariña o resto pertencen ó Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con 60 millóns de euros, que puxemos en marcha grazas á boa xestión levada a cabo por este equipo de goberno nos últimos meses”. Neste senso, destacou no mes de xuño o organismo provincial contratou “unha marea de obras” dentro desta iniciativa. En total, 15 actuacións que suman máis de 7 millóns de euros, é dicir, case 1.200 millóns das antigas pesetas.
Dentro desta macroprogramación, a Xunta de Goberno deu o visto e prace a tres, e son as seguintes: primeira fase da mellora das infraestruturas de abastecemento (334.000 €), en Begonte; construción dun novo campo de fútbol en Sarria (476.324 €); e acondicionamento da rede de saneamenento e dos accesos en Santa María do Monte (324.000 €), en Triacastela.
Ademais, o organismo provincial tamén executará con fondos propios a mellora do drenaxe e seguridade vial da CP 2802 de San Xurxo a Arroxo, en Lourenzá. A esta actuación, que afecta ó treito comprendido entre o punto quilométrico 0,000 ó 2,110, destina 149.736 euros. Ademais, no mes de marzo, o organismo provincial xa acometeu outras obras de mellora no mesmo vial, investindo outros 600.000 euros.
“Por tanto, a Deputación realiza un grande esforzo inversor neste Concello, xa que as obras, que hoxe aprobamos e non están contempladas no proxecto inicial, representan un custe adicional que asumimos tamén con fondos propios”, apuntou o voceiro provincial socialista.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Na sesión de hoxe tamén se aprobou a rehabilitación do Centro Social Os Novais, de Quiroga, por importe de 68.395 euros, dentro do canon 2008-2009. A este municipio correspondéronlle nestas dúas anualidades 339.217 euros, quedando para este ano 169.608 euros. “Deste xeito, saldaremos a débeda que esta institución tiña contraída con este Concello e cos outros 15 que non contaban cunha sentenza favorable”.
Asimesmo, deuse o visto e prace a 16 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais, das que 1 pertencen ó ano 2007, 3 ó de 2008 e o resto ó de 2009. Pertencen ós Concellos de Taboada, Láncara, Pantón, Sarria, Alfoz, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Lourenzá, Lugo, Monforte de Lemos (2), Portomarín, e A Fonsagrada. Suman un total de 276.207 euros, dos que a Deputación achega 136.192 euros.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



