MARIÑA .- MariñaPatrimonio esíxelle á Dirección Xeral de Patrimonio que teña en conta os informes da Comisión Provincial de Patrimonio e que definitivamente adopte unha posición sobre o castro da Atalaia, que non pode ser outra que a conservación do xacemento e a anulación das licenzas de obra. Deste xeito, remataría o vergoñento ataque ao noso Patrimonio provocado pola irresponsabilidade do anterior goberno municipal de Cervo,que outorgou as licenzas aínda que sabía da existencia do xacemento, e pola inoperancia dos anteriores equipos de Patrimonio.
A Comisión Provincial de Patrimonio vén confirmar o que MariñaPatrimonio leva expresando sobre a enorme importancia do xacemento arqueolóxico da Atalaia en San Cibrao.
Os informes destacan a excepcionalidade e a importancia dos restos atopados cando afirman:
“Neste emprazamento estratéxico hai vestixios dende a Idade de Ferro ata os nosos días.Este aspecto confirelle unha especial relevancia para o coñecemento da historia da Mariña Lucense”
“O interese do conxunto vese incrementado polo escavado no outro soar, e pola continuidade do xacemento arqueolóxico cara ao Norte e Oeste (…) O poboado orixinal podería roldar as 8 Ha (…) Podería ser un dos asentamentos de época galaico-romana de maiores dimensións da Mariña Lucense.A súa importancia viría dada pola súa posición estratéxica, vinculada co mar e polo tanto coas actividades mariñas e co comercio, testemuñado pola abundancia de ceramica de importación.”
Os técnicos e a Comisión Provincial de Patrimonio , de maneira unánime, desbotan calquera posibilidade de construción nas dúas parcelas nas que estaba previsto edificar 59 vivendas e aconsellan que os restos arqueolóxicos sexan conservados in situ , tal e como se pode observar nos seguintes parágrafos:
“Proponse como acordo desta Comision o pronunciamento a favor da conservación in situ dos vestixios arqueolóxicos e a consideración de que o proxecto arquitectónico con licenza municipal para este predio é incompatible co anterior.”
“Á vista do antedito polos servizos técnicos do Departamento Territorial, a Comisión adopta por unanimidade o seguinte acordo: Informar a favor da conservación in situ dos vestixios arqueolóxicos e a consideración de que o proxecto arquitectónico con licenza municipal para este predio é incompatible co anterior.”
Dende MariñaPatrimonio continuaremos traballando para que o castro da Atalaia se convirta nun dos referentes arqueolóxicos de Galiza.
MariñaPatrimonio ten un novo vídeo sobre o castro da Atalaia; para velo esta é a ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=2-HyRpnyRhI&feature=player_embedded
A exposición sobre o castro da Atalaia poderase visitar até o 21 de xuño no Museo Provincial de Lugo.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



