Nota de Prensa
O BNG DE BARREIROS PÍDELLE A ALFONSO FUENTE QUE NON ELUDA AS RESPONSABILIDADES QUE TEN NO DEFICITARIO MANTEMENTO DA REDE VIARIA LOCAL. E LÉMBRALLE QUE AINDA NON ARRANXOU OS DESPERFECTOS DO TEMPORAL DE NOVEMBRO DE 2008.
Barreiros, 23 de xuño de 2010. Os nacionalistas barreirenses pídenlle ao alcalde, Alfonso Fuente, que non eluda as responsabilidades que ten no deficitario mantemento da rede viaria local. O BNG lémbralle a Fuente Parga que aínda ten sen arranxar os desperfectos do temporal de novembro de 2008, “falamos do caso dos accesos de San Caetano, que desde esa data seguen cortados despois das fortes choivas caídas nesa época. Xa no seu día o BNG denunciou a pasividade do Concello de Barreiros diante deste problema, máxime se se ten en conta que soterradas por este vial discorren as tuberías de abastecemento de auga para todo o concello desde a estación potabilizadora do Masma ata os depósitos xerais de San Caetano. Estas tuberías fican agora á intemperie co conseguinte risco de rotura, o que provocaría moitísimos danos na zona”.
Os nacionalistas critican tamén “a irresponsabilidade do Concello que nin siquera sinalizou nin vallou a zona, polo que os vehículos seguen pasando polo vial derrubado co conseguinte perigo que eso supón”. Para o BNG de Barreiros “non é de recibo que o alcalde eluda as súas responsabilidades no deficitario mantemento da rede viaria local, escudándose nas responsabilidades doutras administracións, pois a rede viaria local de Barreiros, propiedade do Concello, está atravesando os seus peores momentos das últimas décadas”.
Ao Bloque Nacionalista Galego parécelle “curioso que este abandono no mantemento de pistas e camiños municipais coincida coa chegada á alcaldía de Fuente Parga no 2005. Foron 5 anos desastrosos para a rede viaria local. É curioso tamén que canto máis persoal temos, incluso concelleiro de Obras con dedicación exclusiva, peor estamos. Algo falla na xestión”.
Tamén lembra o BNG que “as actuacións da brigada municipal de obras hai veces que rozan o ridículo coma por exemplo nos últimos bacheos realizados, que en moitos casos xa se iban ao traste ao día seguinte defacer a obra. Algo falla na xestión, pero tamén na dirección política”.
Os nacionalistas barreirense tamén denuncian “os destrozos que moitas empresas promotoras e constructoras produciron nas pistas municipais que foron utilizadas sen ningún control por camións e maquinaria de gran tonelaxe durante a época álxida da construcción en Barreiros. O Concello foi incapaz de esixirlle a esas empresas a reparación deses viais e incluso agora se da a paradoxa de que se lle solicita ás administracións públicas o arranxo deses viais. Isto só pasa en Barreiros. E tamén, na época de bonanza económica e de grandes ingresos no Concello, o goberno do PP foi incapaz de facer algunha inversión importante na rede viaria local”.






















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



