NOTA DE PRENSA:
Antonio Veiga Outeiro, Xesús Díaz Blanco e Benito Longarela Geada e Francisco Damián Pérez Rodríguez concelleiros da corporación municipal de Barreiros, ao abeiro da lexislación vixente e acolléndose ao Art. 46.2.a da Lei 11/99 de 21 de abril polo que se modifica a Lei 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local,
SOLICITAN
A CELEBRACIÓN DUN PLENO EXTRAORDINARIO sustentado pola seguinte exposición de motivos:
A preocupación existente na sociedade mariñá en relación á centralización da xestión sanitaria en Lugo a partir das declaracións de diferentes altos cargos da Consellaría de Sanidade e a publicación do borrador do “Decreto de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada”, onde se recolle entre outros asuntos, a ordenación no vindeiro ano do modelo de xestión para a provincia de Lugo que podería seguir o mesmo camiño que o xa previsto neste ano para os hospitais de Ribeira e Cee que pasarán a adscribirse aos hospitais de Coruña(CHUAC) e Santiago(CHUS), perdendo a súa condición de xerencia independente, algo que se pretende evitar no Hospital da Costa ao que están adscritas mais de 72.000 persoas na Mariña, para o que se presenta a seguinte
MOCIÓN PROMOVIDA POLA PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NA MARIÑA que facemos nosa
A creación do Hospital da Costa como resposta ás mobilizacións que viviu A Mariña aos finais dos setenta e a posterior posta en marcha do mapa sanitario de Galicia, que deu orixe á creación da Área Sanitaria da Mariña, significou unha mellora substancial da atención sanitaria da Comarca.
A principios do mes de Xuño do pasado ano, a Conselleira de Sanidade anunciou en Burela a creación dunha área sanitaria ÚNICA para a provincia de Lugo, o que suporá, a centralización da xestión tanto hospitalaria coma dos centros de saúde en Lugo. As declaracións da Sra. Farjas provocaron unha grande preocupación na Comarca, pois ao Hospital da Costa están asignadas aproximadamente 72.000 persoas, distribuídas en 14 concellos, que pasarían a ter como primeiro Hospital de referencia o Hospital de Lugo, a uns 100 Kms de Burela e uns 90 minutos en tempo de desprazamento en coche.
A pesar dos esforzos de distintos colectivos por que se clarexasen as intencións da Conselleira, tras distintas declaracións contraditorias de distintos membros do seu departamento, como a Sra. Xerente do Sergas Rocio Mosquera de “ reforzo de estratexias organizativas” non só non aclaran nada senón que o que fan é sacar a publicación do Borrador do Decreto de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada” onde se recolle entre outros asuntos, a adscrición dos hospitais de Cee e de Ribeira ó CHUAC (A Coruña) e ó CHUS (Santiago), perdendo a súa condición de xerencia independente, que se farían no presente exercicio, pospoñendo as provincias de Ourense e Lugo para ser ordenadas no vindeiro ano, pasando de largo do actual mapa sanitario, é dicir, nin se fai referencia as áreas sanitarias en todo o documento “vulnerando” as competencias en materia de relacións laborais e a propia Lei que fixa a estrutura do Servizo Galego de Saúde.
Este decreto non define que unidades directivas e de xestión nin que condicións laborais e económicas se constitúen e o que é máis importante que papel se deixa á participación social como marcan claramente as leis de Saúde de Galicia e a Lei Xeral de Sanidade, aspecto este que sería obrigado se non se tratara de sortear o actual mapa sanitario con a súa estrutura de áreas sanitarias.
A participación social establecida na actual Lei de Saúde de Galicia refírese ós consellos de Saúde de Área Sanitaria (que non se citan no texto), de ningún modo se refiren ás Áreas de xestión integrada. A xuízo desta plataforma as consecuencias para a sanidade pública da Mariña, resúmense nos seguintes aspectos:
a) Unha xerencia situada en Lugo, pola súa distancia, sería unha gran descoñecedora dos problemas que xurdisen nos centros da área da Costa.
b) Unha xerencia situada en Lugo podería por en cuestión investimentos tanto no propio Hospital como nos Centros de Saúde da Costa.
c) Unha xerencia única situada en Lugo e diante da escaseza de certos especialistas, implicaría desprazamentos constantes de poboación da Costa á capital, o que levaría consigo unha perda de calidade de vida, ademais de teren que asumir gastos de desprazamento, e incluso de hospedaxe, (recorda a 25 anos atrás…….)
Por todos estes motivos a creación da Xerencia Única de Lugo, crearía unha merma de calidade asistencial que se lle presta á poboación da Mariña e non pode consumarse porque sería avanzar no desmantelamento de servizos da Mariña, particularmente en algo tan importante como na atención sanitaria.
Por todo isto propoñemos a adopción do seguinte
ACORDO
O Pleno da Corporación de Barreiros, defende e apoia
1. Unha área de Xestión Integrada Única propia da Mariña.
2. Unha aposta firme e decidida por esta comarca coa ampliación real do Hospital da Costa e número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de do cadro de persoal e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Especializada.
3. Un xerente de Area Integrada Única de Burela e non un Xerente Executivo que sería unha mera figura representativa.
4. A manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e contra o desmantelamento do Hospital da Costa para o 26 de xuño ás 12:00 horas.
Do presente acordo daráse traslado ó Presidente da Xunta de Galicia, á Conselleira de Sanidade, así como os grupos políticos con representación na cámara galega.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



