SANTIAGO .- O Consello da Xunta aprobou o decreto de medidas urxentes polo que regula a concesión de axudas para a reparación dos danos causados polas inundacións nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, Viveiro, O Vicedo e Xove na provincia de Lugo e Cariño e Ortigueira na de Coruña.
Nota de Prensa
O CONSELLO DA XUNTA APROBA O DECRETO DE MEDIDAS URXENTES POLO QUE DARÁ AXUDAS A 17 CONCELLOS PARA A REPARACIÓN DOS DANOS CAUSADOS POLAS INUNDACIÓNS
# ?
# Os concellos destinatarios da axudas son Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, Viveiro, O Vicedo e Xove na provincia de Lugo e Cariño e Ortigueira na de Coruña ?
Daranse axudas por danos causados en vivendas e enxoval doméstico, en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, nas explotacións agrícolas e ás entidades locais
O Consello da Xunta aprobou hoxe na súa xuntanza semanal o decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas na Mariña lucense durante os días 9 e 10 de xuño de 2010, que causaron danos en diversos bens de titularidade pública e privada. O decreto foi aprobado tras analizar o informe sobre os danos elaborado pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
As axudas previstas neste decreto aplicaranse á reparación dos danos e perdas polas inundacións nos termos e nas contías que se establezan neste así como nas correspondentes disposicións de convocatoria que o apliquen. Os termos municipais e núcleos de poboación afectados aos que concretamente lles serán de aplicación ditas axudas serán, na provincia de Lugo: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, Viveiro, O Vicedo e Xove. Na provincia da Coruña, inclúense Cariño e Ortigueira.
O decreto aprobado hoxe establece na súa disposición derradeira que se impulsará a creación dunha comisión coa Administración do Estado, a Deputación Provincial de Lugo e a da Coruña e as administracións locais afectadas, co fin de determinar as cantidades que achegarán por cada unha delas para a asunción de danos e, se é o caso, o sinalamento e identificación dos que serán reparados ou sufragados por cada administración.
A concesión de axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, do que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos, procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido.
O decreto faculta aos distintos titulares dos departamentos autonómicos para que diten as ordes necesarias para o seu desenvolvemento. Así, corresponderán ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as axudas por danos causados en vivendas e instalacións complementarias; mentres que as axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís corresponderá á Consellería de Economía e Industria e á Consellería de Cultura e Turismo.
Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural é a competente para habilitar as axudas por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras e as axudas ás entidades locais ou actuacións directas sobre os seus bens corresponden á Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, á de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á de Economía e Industria, á de Cultura e Turismo e á do Medio Rural, no ámbito das súas respectivas competencias e funcións.
Poderán solicitar as axudas as persoas físicas propietarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto o inmoble como o enxoval. Así mesmo, poderán facelo os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos en que se producisen danos derivados directamente do temporal. Tamén poderán solicitar axudas polos danos sufridos os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras e as corporacións locais.
Antecedentes
A existencia de situacións de emerxencia de natureza catastrófica como as acontecidas na Mariña pode traer consigo danos con repercusión no ámbito económico e social, o que fai necesario articular mecanismos de colaboración e cooperación entre todas as administracións implicadas. Xa o propio ditame do Comité das Rexións (2010/C 79/04) establece a necesidade dunha resposta inmediata e directa ante a existencia de calquera situación de natureza catastrófica.
O artigo 38 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, prevé a actuación das administracións públicas na medida das súas competencias para a rehabilitación dos servizos esenciais para a comunidade que foran afectados pola situación de emerxencia, así como o establecemento de axudas en atención ás necesidades derivadas das ditas situacións cando teñan natureza catastrófica.
Axudas por danos causados en vivendas e enxoval doméstico
Serán obxecto de axuda os danos causados polas inundacións na vivenda que constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores e nas súas instalacións complementarias. Poderán recibir axudas ata o 100% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que o importe da axuda, en conxunto, poida superar o límite do 75% do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.
Os danos no resto das vivendas poderán recibir axudas ata acadar o 40 por cento do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, aínda que en ningún caso poida superar o 40% do 75% do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.
Serán igualmente obxecto de axudas os danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade cando non estivesen incluídos nas axudas que para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións.
Axudas por danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís
Serán obxecto de axuda os danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís como consecuencia dos estragos ocasionados polas inundacións nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades.
Axudas por danos nas explotacións agrícolas ou gandeiras
Serán obxecto de axudas os danos sufridos polos titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras que, tendo pólizas en vigor amparadas polo correspondente Plan de seguros agrarios combinados, sufrisen perdas superiores ao 30 por 100 da súa produción, de acordo cos criterios establecidos pola Unión Europea a este respecto.
Axudas ás entidades locais
Serán obxecto de axudas ou de actuación directa sobre os bens afectados, segundo os casos, os danos provocados en infraestruturas locais non previstos nas axudas que para o efecto puidesen aprobar outras administracións, así como os gastos extraordinarios en que incorresen como consecuencia directa das inundacións. As axudas terán, en todo caso, carácter complementario ás que sexan aprobadas por outras administracións. Quedan excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.






















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



