Nota de Prensa
O MINISTRO DE FOMENTO PARTICIPOU NA XI XUNTANZA SOCIALISTA DE CERVO
MAIS DE 400 PERSOAS PARTICIPARON NA CITA ANUAL, ONDE ADEMAIS DOS ALCALDES SOCIALISTAS DA MARIÑA, ASISTIRON O PRESIDENTE DA DIPUTACIÓN, O DELEGADO DO GOBERNO, O ALCALDE DE LUGO, RICARDO VARELA E MAR BARCÓN.
CERVO, 01 DE XUÑO. A agrupación socialista de Cervo celebrou o pasado sábado a tradicional xuntanza socialista, que este ano celebrouse no paraxe natural de Sargadelos. Pese a crise, foron moitas as persoas que participaron na cita anual dos socialistas de Cervo, que é posible grazas ao traballo dos militantes e simpatizantes da agrupación, posto que son eles os encargados de asumir a organización, a montaxe e o servizo das mesas nesta tradicional xuntanza.
Crise económica
Na xuntanza deste ano, o ministro de fomento, José Blanco, centrou o seu discurso na situación actual da crise en España e Europa e explicou as medidas adoptadas polo executivo, unhas medidas que foron difíciles tomar, pero que son necesarias nestes momentos debido a magnitude da actual crise.
Infraestructuras
O ministro recordou as obras que se están a executar no concello con cargo aos fondos do ministerio, coma a eliminación do punto negro en Río Cobo, e as que afectan aos veciños da Mariña coma a apertura no 2011 de dous tramos da A-8, Barreiros-Vilamar y Vilamar-Lourenzá. Blanco, refireuse tamén ao estudo informativo do tramo estatal do corredor San Cibrao-Barreiros e asegurou que «ten o máximo interés en contratalo canto antes», pero reiterou que previamente é necesario definir o proxecto.
Blanco volverá a Cervo, con Lara Méndez coma alcaldesa
Por último, José Blanco animou a agrupación de Cervo, a escoitar as necesidades dos veciños e a traballar arreo por eles, ignorando as críticas destrutivas e estériles do PP. Anunciou que o ano próximo, “volverá a Cervo, con Lara Méndez coma alcaldesa”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



