Nota de Prensa
Os populares negocian co organismo autonómico despois de ter falado co Presidente da asociación de comerciantes, co Club Náutico e co Patrón maior da Cofradia de Pescadores de Foz
O PP XESTIONA ANTE PORTOS O DRAGADO DO CANAL DO PEIRAO, DA DÁRSENA E DO PORTO CHICO
* Os pesqueiros vense obrigados a esperar a preamar para acceder ao porto, situación que tamén afecta ás embarcacións recreativas
Foz, 4 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, está a xestionar ante o Ente Público Autonómico Portos de Galicia o dragado do canal do peirao, da dársena e do acceso ás instalacións coñecidas como Porto Chico.
Os populares focenses realizan esta xestión para achegar o investimento necesario para esta actuación e algúns trocos na dársena para aumentar as prazas de embarcacións deportivas despois de ter falado co Presidente da asociación de comerciantes locais, con representantes do Club Náutico e co Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Foz, que lle deron conta da importancia de desenvolver estes traballos
Segundo as informacións que manexan desde o PP, neste momento os sedimentos diminuíron a profundidade do acceso ás instalacións portuarias de tal xeito que os pesqueiros se ven obrigados a esperar a preamar para acceder ao porto, situación que tamén afecta ás embarcacións recreativas
As operacións de dragado do canal, da dársena e do acceso ás instalación coñecidas como Porto Chico servirán para conseguir un maior calado e máis seguridade para as embarcacións e os usuarios das instalacións marítimo pesqueiras.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



