LUGO .- Deputación e Xunta de Galicia garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o día un de xaneiro. Todos, a excepción do parque de Silleda, teñen xestión indirecta. Os parques de Barreiros, Sarria, e Chantada están listos, mentras que nos vindeiros meses se remataran as obras no de Vilalba, e en novembro no de Viveiro.
NOTA DE PRENSA
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro
– O Presidente e o Conselleiro salientan que o Consorcio dará conbertura contraincendios ó 100% da provincia, as 24 horas dos 365 días ó ano
– Gómez Besteiro adianta a plena disposición do Consorcio para integrar o parque de Monforte á rede provincial, e o comezo dos traballos para cubrir a Montaña
– Dende a posta en marcha do Consorcio, ambas administracións levan investidos 7,2 millóns de euros na adquisición de material e nas obras de construción e acondicionamento
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela, presidiron este venres o cuarto Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros no que avanzaron os trámites para garantir a posta en marcha da rede provincial de bombeiros o vindeiro 1 de xaneiro. Besteiro e Valenzuela salientaron que en 2011 o Consorcio provincial dará conbertura contraincendios ó 100% da provincia, ofrecendo un servizo de emerxencia as 24 horas dos 365 días ó ano.
Durante o encontro, o Consorcio acordou a modificación dos Estatutos que rexe este órgano. Logo da proposta da Xunta de Galicia, esta entidade decidiu cambiar o modelo de xestión e incluír a xestión indirecta. Neste senso, Gómez Besteiro salientou que “este modelo, segundo mantén a Xunta, é o máis axeitado xa que se uniformiza co sistema que hai en toda Galicia. O interese fundamental é a posta en marcha de forma inmediata dos parques de bombeiros para que, por primeira vez, Lugo conte cunhas instalacións anti-incendios modernas, e que atendan á provincia”.
Galicia conta cun total de 24 parques comarcais: 10 na Coruña, 5 en Pontevedra, 3 en Ourense, e 6 en Lugo. Todos, a excepción do de Silleda, teñen xestión indirecta. Neste senso, ambos mandatarios explicaron que “este sistema non quere dicir que non sexa público, xa que quen marca as pautas, toma as decisións e ten o control dos parques é a Administración. Isto quere dicir que mantemos o caracter público e o control público”. Ademais, o Conselleiro destacou “a plena satisfacción e o bo funcionamento” das instalacións galegas con este sistema, e engadiu que este cambio “é unha boa noticia para a provincia porque avanzamos no proceso que permitirá a Lugo contar cuns parques á altura dos mellores en España”.
A modificación dos Estatutos, que foi aprobada polo Pleno sen ningún voto en contra, deberá ser agora ratificada tanto pola Deputación como pola Xunta para logo, sacar a concurso a contratación deste servizo. A adxudicataria deberá empregar a uns 100 persoas, aproximadamente 20 por cada parque. Da mesma forma, o cambio do texto recolle que a presidencia do Consorcio se rote cada 2 anos, e que a sede oficial do Consorcio se instale na Deputación de Lugo.
Integración do parque de Monforte
Gómez Besteiro destacou a plena disposición do Consorcio para que o parque de bombeiros de Monforte forme parte da rede provincial. Neste senso, lembrou que o Concello deberá agora cumprir coa súa parte, é dicir, que a resolución do persoal que actualmente está traballando deixe de facelo, e así o Consorcio comece coa mellora das súas instalacións. Precisamente, en febreiro un equipo técnico formado por representantes do organismo provincial e o Executivo galego avaliou as necesidades desta infraestrutura, e concluíu que era necesario comprar varios vehículos para a total cobertura da Comarca. Da mesma forma, o Presidente da Deputación adiantou que nos vindeiros meses comezarán os traballos para asegurar a cobertura tamén á zona da Montaña luguesa.
7,2 millóns para o Consorcio
O Consorcio deu conta ademais dos investimentos feitos por ambas as dúas administracións dende a posta en marcha deste órgano que ascenden ós 7.188.680 euros. Desta cantidade, a Deputación adicou 3.842.157 euros para a adquisición de 5 vehículos de mando todo terreo (174.950), 1 camión de rescate de altura (481.400), 2 camións mixtos de rescate-extinción (990.851), 4 camións de primeira intervención (978.124), bombas nodrizas (32.949); así como para o equipamento do parque de Barreiros (231.877), máis a aportación ó Consorcio en 2009 (952.000). Pola súa banda, o Goberno autonómico desenvolsou 3.346.523 euros para a compra de 5 camións nodriza (966.500), á construción e ó acondicionamento dos parques de Chantada (650.580), Sarria (734.817), Vilalba (622.800) e Viveiro (811.826), ademais da aportación feita o ano pasado ó Consorcio (160.000).
Besteiro e Valenzuela deron conta ademais da situación destas instalacións lembrando que os parques de Barreiros, Sarria, e Chantada están listos, mentras que nos vindeiros meses se remataran as obras no de Vilalba, e en novembro no de Viveiro.
Na reunión participaron, ademais do Presidente da Deputación e o Conselleiro de Presidencia, a Delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o Director Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Santiago Villanueva; o Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación do mesmo departamento, José Antonio Fernandez López; o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao; o Alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente; o Alcalde de Chantada, Manuel Taboada; o Alcalde de Sarria, Claudio López Garrido; o Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado; e o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel. Como deferencia, tamén estivo presente o rexidor de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, que, malia non ser membro da entidade, acordouse a súa invitación.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



