NOTA DE PRENSA:
Gueimunde: “Mentres Feijoo cumple, A Mariña non conta para Zapatero”.
* A senadora popular critica en Burela os retrasos e recortes na A-8 e a lentitude no corredor Barreiros-San Cibrao que “por non ter, non tén resoltas as alegacións”.
* A prioridade nas infraestructuras ferroviarias é a excusa de Fomento para non invertir na comarca.
* González Barcia pón en cuarentena a construcción da nova sede de Capitanía.
A senadora popular Mariña Gueimunde foi contundente durante unha rolda de prensa celebrada hoxe en Burela: “mentres Feijoo cumple coa comarca, como se demostra coas obras do corredor San Cibrao-Ferrol, A Mariña non conta para o goberno de ZP, xa que vai haber retrasos considerables na autovía do Cantábrico; non sabemos nada do corredor Barreiros-San Cibrao, que é de competencia estatal, e hai retrasos na licitación do novo edificio de Capitanía Marítima de Burela”.
Centrándose nestas dúas actuacións Gueimunde explicou que o Executivo socialista de Zapatero reducíu xa este ano en preto de 20 millóns de euros as achegas para rematar a Transcantábrica con respecto ó exercicio 2009. E sorprendentemente gran parte da redución orzmentaria concentrouse no tramo Mondoñedo – Lindín pese a ser este o que maior dificultade de execución das obras está a supoñer, de feito Fomento xa adiantou que sería necesario non so melloras técnicas na execución dos traballos de construción da autovía ao seu paso por estas localidades senón incluso modificar dun xeito substancial o seu trazado.
Situación similar acontece co treito estatal do corredor (San Ciprián-Barreiros). O Ministerio do lucense Jose Blanco veu reducidos de 50 mil a uns “raquíticos” 10 mil euros a previsión de investimento para este ano, algo que, como destacan desde o PP, non chega nin para proseguir a tramitación administrativa desta obra tan importante para a vertebración dos concellos litorais da Mariña. “Nin foron capaces de resolver as alegacións dirixidas por concellos e colectivos ao futuro trazado do corredor, nin achegaron un investimento realista para que poidaramos ver en obras algo deste nova vía” e tendo en conta a comparecencia de José Blanco no Congreso, “case que podemos decir que esta obra, de momento, non se fará”.
A senadora afirma que Blanco enganou ós lucenses e destruíu as expectativas que tiña a comarca da Mariña. Mentiu sobre a realidade da situación e con iso contribuiu a incrementar o número de parados da provincia. “hai pouco máis dun mes o Ministro afirmaba que a A-8 non se vería comprometida….que se mantería o 2011 como horizonte para su finalización… uns días despois desdícese e anuncia un retraso mínimo dun año e un recorte de partidas económicas que superan o 60% das inicialmente previstas”.Blanco debería especificar si as partidas plurianuais se manteñen ou si pola contra se paralizan os proxectos durante varios exercicios.
Diferente é o compromiso que Feijóo ten coa nosa terra., di Gueimunde. Tan só un ano despois de goberno popular as obras do corredor no treito celeiro- San Cibrao xa se están a executar, e o proceso de expropiación de terreos para a construcción do treito Viveiro Sur –Celeiro están a punto de comezar.
A política popular explica que a suposta prioridade do Goberno do PSOE polas infraestructuras ferroviarias na nosa comarca non deixa de ser unha excusa de mal pagador ademais dunha tomadura de pelo despois de saber que Fomento paralizou o AVE do Cantábrico, e que todavía está a “estudiar” a posibilidade de contar cun FEVE que circule a 160 Km/h cando os mesmos técnicos dudan da viabilidade do mesmo.
Pola súa banda, o portavoz do PP burelés José María González Barcia puxo en cuarentena a construcción da nova sede de Capitanía Marítima de Burela, xestionada no seu día por el mesmo como alcalde, en 2006, e que xa acumula un retraso considerable. “Agora din que hai un novo retraso na licitación: pode ser a disculpa para aplazar a adxudicación”.
Barcia tamén lamentou que non se saiba nada do trazado do corredor Barreiros-San Cibrao ó seu paso por Burela, e asegurou que “o alcalde nada dice ó respecto: ía haber unha reunión con Blanco, ía haber reunión coa demarcación de estradas de A Coruña, e non houbo nada. Por riba, ponse nervioso se eu lle pido a Blanco que mire por Burela. Como el non o fai, teremos que facelo nosoutros a través de todas as fórmulas que se poidan empregar dentro da mesura institucional”.
Finalmente, Mariña Gueimunde e González Barcia pedíronlle a todas as forzas sociais e veciñais da Mariña que reivindiquen o cumplimento dos prazos para a Autovía do Cantábrico. En relación co corredor Barreiros-San Cibrao, acusaron ó PSOE de engañar ós cidadáns da Mariña, e ó BNG de ser cómplice da situación. “O BNG sempre decía que conseguirá, nas negociacións dos presupostos do Estado, máis cartos: pois que diga onde están”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



