NOTA DE PRENSA
Os deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez, acompañados de concelleiros e dirixentes do Partido Popular de Foz amosaron a súa satisfacción pola boa nova que materializa o compromiso da Xunta co reforzo da asistencia sanitaria nesta localidade e no conxunto da comarca.
O CENTRO DE SAÚDE DE FOZ CONTA CUNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA SEIS MESES ANTES DO PREVISTO
* As xestións dos populares xunto a boa disposición da Xunta, que estableceu como prioritario este cometido, fan posible que a ambulancia medicalizada estea en servizo durante o verán, período no que Foz duplica a súa poboación pola afluencia turística.
* “O que outros prometeron e non cumpriron –en referencia a PSOE e BNG durante o bipartito- un Goberno do PPdeG vén de facelo realidade”
* 900 mil euros: Ademais do vehículo, dotado da tecnoloxía máis avanzada para ofrecer o soporte vital básico aos doentes usuarios, e do persoal sanitario e técnicos de apoio adscritos ao servizo, Sanidade executou distintas obras para habilitar a base permanente desta ambulancia no Centro de Saúde desta localidade
Santiago, 1 de xullo de 2010.- O Centro de Saúde da localidade lucense de Foz conta desde hoxe cunha ambulancia medicalizada, seis meses antes da data inicialmente prevista pola Consellería de Sanidade que anunciaba a posta en servizo desta nova dotación antes de final de ano. As xestións dos populares e a boa disposición da Xunta, que estableceu como prioridade este cometido, fan posible que a ambulancia medicalizada estea en servizo durante o verán, período no que Foz duplica a súa poboación como consecuencia do turismo.
Os deputados José Manuel Balseiro e Emma Álvarez Chao, acompañados de concelleiros e dirixentes do Partido Popular de Foz amosaron en rolda de prensa a súa satisfacción por esta boa nova que “vén de materializar o compromiso da Xunta co reforzo da asistencia sanitaria nesta localidade e no conxunto da comarca da Mariña lucense”
Os parlamentarios mariñaos explicaron que “o que outros prometeron e non cumpriron –en referencia a PSOE e BNG que durante o bipartito insistiron en que porían en marcha este servizo- un Goberno do PPdeG vén de facelo realidade”. De feito, indicaron que, despois dun primeiro ano na responsabilidade de Goberno da Xunta, no que desde o Grupo Popular “promovemos e xestionamos esta dotación” e durante o cal Sanidade “elaborou o estudo para comprobar os investimentos necesarios”, hoxe xa podemos dicir con satisfacción que é unha realidade.
RESOLVER OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS
José Manuel Balseiro, afondando nesta cuestión, quixo salientar tamén que, “mentres que outros, como por exemplo o Alcalde socialista de Foz, Jose María García Rivera, se están a dedicar á mobilización polo tema sanitario, o Partido Popular traballa para resolver os problemas dos veciños”. Pasamos “das palabras aos feitos”, “das promesas aos compromisos cumpridos” porque o primordial –explicou o deputado- “é que hoxe na Xunta hai un Goberno comprometido coa mellora da asistencia sanitaria pública para os veciños de Foz e do conxunto da comarca”.
MÁIS DE 900.000 EUROS DE INVESTIMENTO
Ademais do novo vehículo, dotado da tecnoloxía máis avanzada para ofrecer o soporte vital básico aos doentes usuarios –o que antes se coñecía como unha UVI móbil- e do persoal sanitario e técnicos de apoio adscritos ao novo servizo (entre eles un médico e persoal paramédico de apoio), Sanidade tamén executou distintas obras para habilitar a base permanente desta ambulancia no Centro de Saúde desta localidade. O total dos investimentos superan os 900.000 euros.
Os parlamentarios fixeron unha relación das dotacións que incorpora a nova base da ambulancia medicalizada, sita no Centro de Saúde de Foz, que dispón de tres dormitorios, baños, un despacho con material informático disposto para labores administrativas, unha sala de estar e para xuntas, un almacén de material, e instalacións eléctricas varias así como servizos complementarios para a ambulancia.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



