RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda que despois do verán a Deputación acometa a ampliación da estrada da costa entre As Illas e Os Castros e poder contar o vindeiro ano cuns aparcadoiros definitivos na praia de As Catedrais.
O rexedor dixo que “debemos valorar toda esta actuación que estivo facendo a Deputación nestes últimos meses neste tramo tan importante da estrada da costa, que fundamentalmente serve ás praias de Esteiro, As Catedrais e As Illas. É unha inversión importante e un compromiso que en parte está cumprido, aínda que como eu lle digo de maneira cordial ao presidente da Deputación, como él sempre di que cando son días de celebración hai que pensar na celebración, eu estou posto polos veciños de Ribadeo para pensar na celebración, pero para pensar no traballo que tamén hai que facer e que aínda resta. E pídolle que sen máis demora ao rematar este mes estival, este mes de agosto, se retomen os traballos para continuar desde o remate desta actuación na praia das Illas ata Os Castros, son uns centos de metros máis, pero non quedaría unha obra ben rematada de todo senon afecta a todo o territorio de praias que inicialmente estaba previsto”.
Suárez Barcia agarda que “agora a Deputación cumpra como cumpriu desta maneira e que a praia de Os Castros tamén se vexa fortalecida por esta nova ampliación do vial que falta. E outro compromiso que o presidente da Deputación de bó grao está traballando nel, pero a ver si é posible para o ano que ven que entre a Dirección General de Costas, a Deputación, a Subdelegación do Goberno (como coordinadora) e o Concello de Ribadeo poidamos ter uns aparcadoiros definitivos para a praia das Catedrais”. O alcalde lembrou que “o Concello desde hai tres anos está a utilizar uns aparcadoiros provisionais para os que ten que pedir autorización autonómica e o nivel de protección é tan grande que moito nos tememos que o día menos pensado a Xunta non nos autorice este tipo de aparcadoiros tenmporais ao lado do mar. É necesario ter un aparcadoiro dimensionado para o que é unha das mellores praias do mundo, unha das praias máis visitadas de Galicia e ao mesmo unha das poucas que ten un acceso directo desde a autovía. O presidente da Deputación manifestou públicamente da intención tanto da ampliación da estrada ata a praia de Os Castros e tamén de redobralos esforzos para que o aparcadoiro sexa unha realidade. Nós tomamos boa nota e esperamos que así sexa”.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



