CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Chelo Gallego, anunciaron a programación de actuacións musicais organizadas polo concello para o mes de agosto. Os espectáculos son patrocinados polo Xacobeo 2010 a través dun convenio subscrito co concello por valor de 25.000 euros.
Nota de Prensa
Os espectáculos son patrocinados polo Xacobeo 2010 a través dun convenio subscrito co Concello por valor de 25.000 euros
A PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO DE CERVO PARA O MES DE AGOSTO CENTRARASE NAS ACTUACIÓNS MUSICAIS
* As citas terán lugar nos dous principais núcleos de poboación do municipio ao longo do mes que está a piques de comezar
* O cartel de actuacións pretende cubrir os gustos de tódolos públicos
Cervo, 31 de xullo de 2010.- A concelleira de Cultura, Chelo Gallego, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, deron a coñecer no día de hoxe a programación de actuacións musicais organizadas polo Concello para o vindeiro mes de agosto. Segundo indicou a responsable municipal da área de Cultura, ditas actuacións terán cabida nos dous principais núcleos de poboación do municipio e realízanse grazas a un convenio por valor de 25.000 euros subscrito entre o consistorio cervense e o Plan Xacobeo 2010 da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
A edil e o rexedor fixeron fincapé na “importante” aportación que está facendo a Consellería de Cultura a Cervo no financiamento de espectáculos culturais e actuacións musicais. “Xa non se trata so desta programación de agosto, se non que a Consellería de Cultura ven financiando diversas actividades e espectáculos no concello, as cales doutro xeito sería moi difícil que puideramos ter aquí” dixo Villares. Pola súa parte, Chelo Gallego, destacou o nivel dos grupos programados no cartel. “Agosto é principalmente un mes festivo no noso concello, e por iso intentamos xestionar unha programación de actuacións musicais que se integraran nas festas e nas celebracións máis senlleiras do noso concello… Ademais, quixemos que foran grupos do gusto de tódolos públicos en xeral”.
O calendario de actuacións é o seguinte:
• Xoves 5 de agosto de 2010 •
23 horas, na Prazoleta de S. Ciprian. Todos os públicos
BELLON MACEIRAS (QUINTETO)
Nesta andaina o dúo (Dani e Diego) reforzase co acompañamento de novos timbres de instrumentos como o contrabaixo, guitarra, batería ou saxo. Pódese escoitar un novo estilo musical, cheo de sorpresas e fusións moi peculiares sen perder a esencia galega.
Nesta nova aventura, son capaces de trasladarnos nunha viaxe musical por distintas terras do mundo, afondando nas súas melodías e caracterizándoas, como fixeron sempre os emigrantes galegos, ao xeito e facer galego. Ademais de amosarnos dende un punto de vista único estas culturas, tamén poderemos ver melodías da súa propia composición que misturan a tradición xunto cos cortes máis contemporáneos da música galega.
•Venres, 6 de agosto de 2010 •
23:00 horas, Prazoleta de S. Criprian. Concerto adicado a xuventude. (Actuación estelar dentro do festival xuvenil de S. Ciprian ‘Arroutada 2010’.)
FESTICULTORES
O 31% da poboación de Cervo se corresponde co sector xuvenil, polo que este Concello é un dos máis novos de Galicia e unha gran parte da nosa oferta cultural vai dirixida a este colectivo. Os concertos, centrados sobre todo en ámbitos como a música celta ou tradicional galega, convértese na principal vía pola que tratamos de achegar aos máis novos do Concello. A música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación dos valores e da cultura do pobo galego e especialmente o folk ten gran acollida por parte da poboación máis nova do Concello e dos miles de turistas que cada ano visítannos e que tanto gozan do noso talento.
Festicultores Troupe, amosaran a súa festa enriba dun esceario, a onde transportan as atmosferas ciganas e festeiras para non deixar de bailar durante máis de 90 minutos garantindo a calidade e profesionalidade dun producto final moi satisfactorio para o cliente.
• Martes 17 de agosto de 2010 •
23 horas.Praza do Souto de Cervo. Todos os públicos
(Dentro da programación das Festas patronais de Cervo)
QUEMPALLOU
Os puntos fundamentais deste grupo folk son o traballar sobre os ritmos tradicionais galegos tentando conserva-la súa frescura orixinal, e ante todo buscando un estilo moi bailábel para goce tanto dos propios músicos coma do público. Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada, entre pasodobres, rumbas, muiñeiras, polcas etc para diversión de tódolos públicos.
Moitas actuacións realízanse coincidindo coas festas patronais para asegurarse gran afluencia de publico tanto local como de visitantes que se achegan a gozar das verbenas e festas que tanta impresión e satisfaccion lle provocan.
• Mércores 18 de agosto de 2010 •
23 horas Praza do Souto de Cervo. Adicado especialmente a xuventude. No marco da programación das Festas patronais de Cervo.
TIRULEQUE
Este grupo musical acada o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como en composicións propias reinterpretando en certa maneira a tradición.
Esta banda que mestura música instrumental con temas cantados conseguen a interacción do público que acaba cantando e bailando con eles.
• Venres 27 de agosto de 2010 •
Cervo. 19:30 Horas. Dirixido ós máis novos.
O XOGO DO XACOBEO
Xogo en vivo para nenos de 6 a 13 anos no que 7 actores plantexaran probas que deben superar para recibir a “compostelana”·.
O obxectivo desta proposta é dar a coñecer os nenos e nenas, a través dunha proposta lúdica e innovadora unha opción de ocio, recreativa, deportiva e cultural para o goce do Camiño de Santiago.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



