NOTA DE PRENSA
O Alto Tribunal galego condena ao pago das costas xudiciais á administración local (estimadas en 1,3 millóns de euros) e remite as actuacións á Fiscalía ante a presunta comisión dos delictos de prevaricación e dun ilícito penal sobre ordenación do territorio que serían imputables aos membros da Xunta de Goberno Local que concedeu a licenza
O GRUPO POPULAR PREGUNTA NO PARLAMENTO SOBRE AS CONSECUENCIAS DA SENTENCIA DO TSXG QUE ANULA UNHA LICENZA PARA 200 VIVENDAS EN COVAS OUTORGADA EN 2006 POLO GOBERNO MUNICIPAL BIPARTITO DE VIVEIRO
* A Xustiza censura que o Goberno presidido polo socialista Melchor Roel outorgara por silencio administrativo esta licenza, pese a que no expediente faltaba documentación técnica do proxecto, existían informes desfavorables e non se dispoñía do permiso autonómico preceptivo
* Os populares consideran que de ter o Concello que facer fronte ao pago da indemnización polo irregular proceder dos edís de Goberno estaría en perigo a viabilidade económica das arcas municipais, pois os 7,6 millóns de euros fixados supoñen máis da metade do orzamento ordinario deste concello.
Viveiro, 13 de xullo de 2010.- Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao e Román Rodríguez veñen de presentar no Parlamento de Galicia iniciativas nas que se interesan polas consecuencias da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula unha licenza para 200 vivendas no lugar de Coído (Covas), outorgada en decembro de 2006 polo Goberno municipal bipartito.
INFORMES NEGATIVOS
Con esta resolución xudicial a Xustiza censura que a Xunta de Goberno Local presidida polo socialista Melchor Roel (e da que tamén formaba parte o edil nacionalista Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, ademais doutros concelleiros do PSOE) outorgara empregando a fórmula do silencio administrativo esta licenza de construción. De xeito concreto, o TSXG cuestiona que se adoptara este acordo a pesar de que no expediente faltaba documentación técnica do proxecto, existían informes desfavorables dos técnicos municipais e non se dispoñía do permiso autonómico preceptivo. De feito a decisión do Goberno municipal desprezaba un informe da Consellería de Cultura, emitido o 3 de novembro de 2006, desfavorable ao outorgamento desta licenza.
O fallo do Alto tribunal galego non se queda aí, xa que ademais de establecer que non cabe recurso ordinario contra el condena ao pago das costas xudiciais á administración local (estimadas en 1,3 millóns de euros) polo que terán que ser os veciños de Viveiro quen paguen cos seus impostos e taxas municipais as irregularidades protagonizadas polo alcalde e a súa Xunta de Goberno de entonces.
O TRIBUNAL APRECIA A EVENTUAL COMISIÓN DE ILÍCITOS PENAIS
Unha das cuestións máis salientables que quixeron subliñar os deputados populares é que o propio TSXG considera que os feitos analizados poderían ser constitutivos de ilícito penal. Así, os maxistrados acordan remitir as actuacións á Fiscalía “ante a eventual comisión” de delictos de prevaricación e contra a ordenación do territorio que serían imputables aos membros da Xunta de Goberno Local que outorgaron a licenza.
Segundo consta na acta do 4 de decembro de 2006, -que pode ser consultada na web municipal- os que irregularmente acordaron o outorgamento desta licenza son Melchor Roel Rivas, Jose Luis Docampo Fortes, Cesar Ricardo Naval Parapar, Rafael Luis Fernández Amor, e o nacionalista Francisco Luis Rodríguez Guerreiro. Os populares salientan precisamente a participación deste último, o ex-edil nacionalista, nos feitos descritos xa que estamos a falar dunha persoa relacionada coa asociación Mariña Patrimonio, que presidiu durante anos. “A pesar de que desde a asociación pretenden dar leccións sobre protección dos bens de interese patrimonial, resulta que el mesmo despreza esta cuestión e outorga unha licenza con informes do departamento de Patrimonio da Xunta negativos”.
QUEBRA DA FACENDA MUNICIPAL
Con todo a circunstancia que con máis preocupación observan os deputados do PPdeG, son as consecuencias de tipo económico ás que podería dar lugar a sentencia. De feito, de ter o Concello de Viveiro que facer fronte ao pago da indemnización que reclama o denunciante polo irregular proceder dos edís do Goberno municipal bipartito estaría en evidente perigo a viabilidade económica das arcas municipais e, polo tanto, perigaría non só a prestación dos servizos básicos que ofrece o Concello senón tamén incluso o pago a provedores, empresas e das propias nóminas do cadro de persoal.
Balseiro Orol e Álvarez Chao explicaron que a indemnización prevista –unha cantidade que o TSXG estima en 7.627.530 euros- supón máis da metade do orzamento ordinario do concello que no seu último ano aprobado (2008) ascendía a 13,4 millóns de euros. Cómpre subliñar tamén que desde entón o Goberno municipal non presentou ningún novo orzamento nin rendeu contas ante o Pleno municipal polo cómputo de ingresos e gastos previstos.
NOVAS SENTENZAS NEGATIVAS
Finalmente os populares subliñaron que a licenza sobre a que recaeu a sentencia do TSXG non é a única que está a ser obxecto de controversia xudicial e investigación fiscal. Son moitas máis as que o Goberno municipal de Viveiro outorgou empregando a fórmula do silencio administrativo, presumiblemente para evitar o efecto da suspensión de planeamento que durante esas datas impedía ao Concello outorgar novas licenzas de construción. Ademais tamén nestes casos existen informes xurídicos e urbanísticos dos técnicos municipais contrarios ao seu outorgamento e, incluso, se outorgaron algunhas sen a autorización da Administración autonómica alí onde era obrigatoria. Esto supón que de ser anuladas, poderían de novo ser preciso indemnizar ás empresas ás que o Goberno municipal lles outorgou as licenzas, así como aos denunciantes, empeorando aínda máis a xa de por si delicada situación económica do Concello de Viveiro.

















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



