LUGO .- A fundación CEL entregou os premios nun acto ao que presisiu o titular da Xunta. Alberto Nuñez Feijoo fixo referencia ao impulso do autogoberno, a visión de Galicia como unha realidade global, e un empresariado organizado e vencellado entre si como factores clave para saír da crise económica.
Nota de Prensa
O titular da Xunta presidiu en Lugo o acto de entrega dos premios da Fundación CEL
FEIJÓO SINALA O AUTOGOBERNO, A GALICIA GLOBAL E UN EMPRESARIADO ORGANIZADO E VENCELLADO COMO FACTORES CLAVE NA SAÍDA DA CRISE ECONÓMICA
? Salienta que o Acordo do Obradoiro ou o impulso á fusión das caixas serían impensables sen un autogoberno “activo e resolto”
? “O minifundismo social pode ser un pecado venial en épocas de bonanza económica, pero convértese en mortal nestes tempos”, asegura
? Gaba o empresariado “organizado, artellado, vencellado entre si e capaz de defender conxuntamente os seus intereses”
Lugo, 20 de xullo de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe o impulso do autogoberno, a visión de Galicia como unha realidade global, e un empresariado organizado e vencellado entre si como factores clave para saír da crise económica. “O optimismo non é ilusorio cando repousa en feitos”, salientou o titular do Goberno galego durante a súa asistencia, esta noite en Lugo, á entrega de premios da Fundación CEL.
Núñez Feijóo lembrou que a actual crise non é a primeira que sofre Galicia e recalcou que existen tres factores que hoxe “nos fan diferentes e nos permiten mirar ao futuro con máis confianza”. “O primeiro deles é a mesma existencia do autogoberno”, salientou o presidente, quen destacou que antes Galicia “estaba indefensa”.
Neste sentido, achegou dous exemplos que serven para ilustrar a importancia deste elemento: o Acordo do Obradoiro sobre o AVE, ou o impulso á fusión das caixas galegas. “Alguén pensa que eses dous logros serían imaxinables sen un autogoberno activo e resolto?. Estou seguro que non”, afirmou o titular da Xunta. “A concepción do autogoberno como un instrumento útil e non só simbólico é algo que nos fai máis fortes nesta complicada coxuntura”, engadiu.
O presidente galego sinalou como segundo factor a progresiva transformación de Galicia nunha realidade global. “O minifundismo social pode ser un pecado venial en épocas de bonanza económica, pero convértese en mortal nestes tempos”, asegurou. Neste sentido, salientou que, nun momento nos que se reducen os recursos públicos, hai un activo “fundamental” para lograr facer máis con menos: “trátase da unidade de esforzos e da eficiencia para lograr manter a estabilidade orzamentaria e de prestacións e tentar conducirnos cara un futuro máis próspero, máis humanizado e máis autónomo”.
Así, Feijóo asegurou que “o gran proxecto galego” deixaría de ser o que é cunha Galicia “de desenvolvemento asimétrico e inxusto, no que provincias como Lugo tiveran un papel secundario”, abondou o presidente galego quen destacou a posta en marcha do programa Impulsa para os empresarios desta provincia.
O titular da Xunta nomeou aos empresarios como o terceiro factor contra a crise económica. Neste sentido afirmou que, a pesar de que a historia de Galicia fala máis de empresarios que de empresariado, “hoxe hai grandes empresarios en Lugo e en Galicia que forman un empresariado organizado, artellado, vencellado entre si, e capaz de defender conxuntamente os seus intereses”. “Antes, os empresarios eran unha compoñente secundaria e excepcional no conxunto do país, mentres que hoxe podemos e debemos definir Galicia como o compendio dun pobo, dunha cultura, dun espazo físico e dun empresariado protagonista”, afirmou.
“A Galicia que vós facedes todos os días é moi diferente á que antes tiña que padecer pasivamente as crises. O noso país ten empresariado, ten autogoberno, ten un pobo que comprende a importancia da unidade. Xa non somos xoguetes do destino, senón unha comunidade capaz de orientalo”, concluíu o presidente galego.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



