Nota de Prensa
As Directrices de Ordenación do Territorio deixan fora de ordenación a núcleos como
San Miguel, San Cosme,Fazouro, Forxan, Nois,Cangas, O Cantiño, Lieiro, Portocelo, Covas ou Celeiro.
O Bloque Nacionalista Galego denuncia que as Directrices da Ordenación do Territorio actualmente en fase de exposición pública para alegación só recoñece como núcleos de identidade litoral Ribadeo(vila), Rinlo, Foz(vila), Burela, San Cibrao, Viveiro(Vila) e Vicedo. Segundo os nacionalistas “isto significa que a Xunta de Galiza insiste coma a mesma proposta que xa se atopaba no Plano de Ordenación do Litoral, coa única modificación que elimina un núcleo que se recollía no avance do POL, como era o caso de Portocelo”. O BNG advertiu que tal como se recollen na normativa do POL e que o mesmo Director Xeral de Sustentabilidade só van ser posíbeis os usos residenciais no ámbito da Galiza costeira aquelas entidades de poboación que teñan esta consideración.
Antonio Veiga criticou que “é unha autentica tomadura de pelo que o documento en cuestión, elaborado tamén polo departamento de Borobio, non introducise as mudanzas que este se comprometera a realizar no seu momento cos Concellos afectados, en canto ao recoñecemento de novos núcleos, e que mesmamente se procedera a eliminar un como acontece con Portocelo en Xove”. “Borobio enganou aos representantes dos Concellos da Mariña con que se comprometeu a recoller novos núcleos “ afirmou Veiga quen animou aos veciños da Mariña “a ler nas hemerotecas o que fai un mes afirmaba o Director Xeral de Sustentabilidade o Sr. Borobio sobre o recoñecemento de novos núcleos e a realidade actual”afirmou Veiga.
Neste sentido desde o BNG denuncian que a propia normativa do POL, que ten o seu asento nas Directrices de Ordenación do Territorio e que polo tanto non poderá contradicir, establece que aquelas entidades de poboación que non teñan a consideración de núcleo de identidade litoral pasaran a considerarse como fóra de ordenación. “ O paradoxo é tal que núcleos como San Miguel, San Cosme,Fazouro, Forxan, Nois,Cangas, O Cantiño, Lieiro, Portocelo, Covas ou Celeiro quedan na súa totalidade fora de ordenación tendo que impedir nos seus planeamentos futuros os Concellos usos residenciais no mesmo” informou Veiga quen recordou os compromisos de Borobio que no caso de Viveiro se comprometeu a recoñecer a Covas e Celeiro e no caso de Foz os núcleos que vimos de enumerar.
Na opinión dos nacionalistas o documento evidencia cales son as liñas que vai seguir a Xunta de Galiza a hora de aprobar o POL e de xeito moi concreto o engano ao que someteu Goberno Galego e o Partido Popular as corporacións locais e aos veciños da Mariña. Veiga que anunciou que “o BNG vai presentar as alegación ao conxunto das directrices na medida que non cumpren coas expectativas agardadas para un documento polo que levamos esperando 17 de anos” esixiu “que a Xunta de Galiza clarifique se vai manter os Núcleos de Identidade Litoral recollidas no POL ou nas Directrices ou ben vai asumir as propostas que comprometeu recoñecer diante dos representantes das Corporacións da Mariña”. No mesmo sentido anunciaron que van presentar mocións en todos os Concellos a fin de que as Corporacións sitúen a defensa dos intereses dos seus veciños por riba doutras cuestións, tachando de “lamentábel a actitude das Corporacións con maioría absoluta do PP que deixaron só aos seus veciños neste tema”.

















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



