RIBADEO (FNC) .- O rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, amosouse satisfeito da resposta dalgúns veciños aos requirimentos enviados desde o Concello para que adecenten as súas fincas e inmobles. Suárez Barcia sinalou que “sen ánimo de triunfalismos e quedando aínda moito por facer, penso que calquera veciño ou veciña deste concello pode ver como numerosas parcelas, propiedades privadas que ata hai pouco tempo estaban en situación de abandono e incumprindo sistematicamente estes principios tan nobres que sempre deben presidir toda actuación ou polo menos as relacións da propiedade privada co resto dos veciños que son o ornato, seguridade e salubridade pública, están a cambiar a súa imaxe”.
O alcalde dixo que “unha serie de parcelas, solares e propiedades privadas que levaban moitos anos nunha situación lamentable, cheas de maleza por todos os lados, se ve como se están a rozar, o que ocasiona moi bos comentarios entre a xente, o cal a min me alegra, pero desgústame que unha parte desta xente que está recibir os requirimentos que lle enviamos desde o Concello non lles están a facer caso, pero o peor vai ser para eles porque se van enfrontar a unha serie de multas coercitivas que desde o Concello temos a certeza e a garantía de que o imos cumprir”.
Fernando Suárez engade que “nós non queremos meternos con ninguén, soamente queremos que todo o mundo que ten propiedades privadas as atenda. Esas propiedades son inviolables, pero deben estar nuns mínimos de esixencia, de decoro e de conservación. Alégrame e quero anuncialo como exemplo de todas as cousas que se están a facer, pero quero advertirlles aos que non fan caso dos nosos requirimentos que os atendan porque non vamos cesar no empeño de que manteñan limpas as súas fincas e os seus inmobles porque en Ribadeo vivimos moita xente e visítannos moitos turistas, algo que é unha fonte de riqueza, e non podemos permitir que algunhas actuacións afeen parte da nosa vila”.


















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



