NOTA DE PRENSA:
A Deputación estrea en Viveiro a @, un innovador espazo lúdico-formativo sobre a administración electrónica
– É unha carpa de 120 m2, de cor vermella e forma de @, que permanecerá na esplanada do pavillón deportivo, á carón da praia de Covas, do 15 ó 16 de agosto
– Talleres sobre o DNI electrónico, as fotografías e postais dixitais, simuladores virtuais, sorteos tecnolóxicos e os monólogos de Oswaldo, achegarán ós participantes a e-administración e as novas tecnoloxías
– Lara Méndez subliña que a @ recorrerá toda a provincia para dar a coñecer ós veciños as avantaxes da implantación da administración electrónica na provincia
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, xunto ó Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, avanzou este xoves que o organismo provincial presentará na localidade mariñana, durante as festas de San Roque os días 15 e 16 de agosto, a @ da Deputación. Trátase dunha innovadora carpa de 120 metros cadrados, de cor vermella e forma de @, que busca sensibilizar ós cidadáns coa administración electrónica. Lara Méndez subliñou que “estreamos en Viveiro un verdadeiro espazo tecnolóxico que recorrerá toda provincia para dar a coñecer as avantaxes da implantación da e-administración na provincia que logrará a Deputación en menos dun ano”.
O organismo provincial situará a @, unha iniciativa que se enmarca dentro do programa tecnolóxico Innova-TE dotado de 9 millóns de euros, co-financiado nun 70% con fondos da Unión Europea e nun 30% polo INLUDES, na esplanada do pavillón deportivo viveirense, á carón da praia de Covas. O horario de apertura será de 12:00 horas ás 20:00 horas.
Será un espazo lúdico-formativo mediante o cal os participantes sumerxeranse na administración electrónica e nas novas tecnoloxías mediante obradoiros, xogos, sorteos, agasallos, e mesmo simuladores de última xeración. Deste xeito, a primeira e obrigatoria parada dos seus visitantes será o taller do DNI electrónico. A Vicepresidenta Segunda explicou que “organizamos este obradoiro porque os cidadáns deben saber, en primeiro lugar, cal é a chave da administración aberta 24 horas, e os 365 días do ano: o DNI electrónico, a clave que nos permitirá realizar dende a casa e mediante a Internet 120 trámites coa administración”.
Logo de realizar este obradoiro, e acadar un diploma que acredite ser coñecedor da “chave” da e-administración, os cidadáns participarán nos sorteos tecnolóxicos de lectores de DNI, chaves USB, e mesmo de 2 ebooks (lectores de libros electrónicos), e outros 2 netbooks (ordenadores portátiles de baixo custe e reducidas dimensións).
Actividades lúdicas
Da mesma forma, a @ contará con actividades lúdicas coas que se pretende achegar e facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a todos os cidadáns, independentemente da súa idade, e dunha forma sinxela e divertida. Deste xeiro, Vodafon e R cederon á Deputación de forma gratuíta un taller para realizar fotografías dinámicas, outro para enviar postais dixitais, e un simulador virtual de carreiras de coches con varios vehículos de tamaño case real. A carpa tecnolóxica estará ademais amenizada por Oswaldo. O cómico galego acompañará durante o seu percorrido ós visitantes explicando cos seus monólogos que é a administración electrónica. Ademais, polas rúas de Viveiro, excéntricos persoaxes animarán os veciños a achegarse a @.
O espazo tecnolóxico contará con sinal wifi e blue wifi. Deste xeito, ademais de poder conectar á Rede, interactuarase cos veciños mediante mensaxes gratuitas que chegarán os móviles para avisar do que acontece na @ minuto a minuto.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



