NOTA DE PRENSA:
O colectivo cultural mantén a súa implicación na conservación da natureza e convida a veciños e visitantes a inmortalizar os areais da comarca
A SOMBRIZA CONVOCA UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PARA CONCIENCIAR DA IMPORTANCIA DE MANTER LIMPAS AS NOSAS PRAIAS
* Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías, que deben ser orixinais e inéditas, tomadas en calquera lugar da Mariña
* O xeito de participar está simplificado ao máximo: tan só hai que enviar un correo electrónico ao enderezo: asombriza@yahoo.es
* O fallo do xurado farase público o 21 de setembro e as fotografías dos participantes formarán parte dunha exposición
Cervo, 24 de agosto de 2010.- Os últimos días de bo tempo animaron a moitos mariñáns e visitantes a gozar dos privilexiados areais cos que conta esta comarca. Agora que son espazos coñecidos por todos, e que moita xente xa aproveitou o tempo de descanso, o colectivo cultural A Sombriza fai unha proposta moi interesante: que collamos as nosas cámaras fotográficas e retratemos as praias da Mariña con instantáneas que permitan concienciar da importancia de mantelas limpas.
“Esta é a idea, a partir de aí, cada quen pode sorprendernos coas súas imaxes… e todo iso, sen ter porque ser un fotógrafo profesional, este concurso está aberto a todos aqueles que queiran, e que lles guste a fotografía, desde os que dispoñen dunha gran cámara, ata os que teñen un dispositivo portatil e unha imaxe que lles gustaría compartir” – explica Geni Piñeiro, presidenta do colectivo A Sombriza. “O tema é o mar e as súas praias, pero todo o demais é totalmente libre, … poden ser desde o simple retrato da beleza dun dos nosos areais cando se pon o sol, ata a foto protesta polo mal uso que se fai moitas veces destes espazos, a pesar de que en gran parte deles hai colectores de recollida de residuos. Agora si, deben ser imaxes orixinais e inéditas”
Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías, tomadas en calquera lugar da Mariña lucense, identificado ao efecto. No concurso poden participar todos os públicos, establecéndose dúas categorías de premios: xuvenil (menores de 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos).
SIMPLICIDADE TOTAL: PARTICIPACIÓN VÍA INTERNET
O xeito de participar está simplificado ao máximo, simplemente será necesario remitir un correo electrónico ao enderezo asombriza@yahoo.es cos datos persoais e as imaxes en calquera formato fotográfico. Despois recibirán confirmación do envío e da súa incorporación como concursante. O fallo do xurado farase público o día 21 de setembro, non podendo premiarse a máis dunha mesma persoa.
Ademais, coa fotografías premiadas e participantes se organizará unha EXPOSICIÓN itinerante coa que A Sombriza pretende concienciar da importancia de preservar os nosos espazos naturais e o medio ambiente. Para o desenvolvemento desta actividade o colectivo cultural solicitou unha subvención á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, hoxe pendente de resolución. En todo caso, os gañadores recibirán cada seu agasallo, valorados en máis de 100 euros cada un, e un diploma acreditativo.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



