Nota de Prensa
Deputación, Concello de Foz e FEVE amplían a Ponte Cabana en Nois investindo 110.000 euros
– Gómez Besteiro cumpre coa palabra dada mediante a sinatura dun convenio que establece a mellora desta infraestrutura entre as tres entidades
– O titular do organismo provincial avanza que a Deputación xa está a recibir as ofertas das empresas para mellorar a estrada que une Casa Pequenete e Espiñeira
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Foz, José María García Rivera, anunciaron este venres que o organismo provincial, o Concello focense e a entidade dependente do Ministerio de Fomento Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha –FEVE- levarán a cabo os traballos de ampliación da Ponte Cabana situada na parroquia de Nois, en Foz. Gómez Besteiro destacou que “cumprimos co que nos comprometemos. Hai un mes supervisábamos esta infraestructura e adiantábamos o compromiso financieiro da Deputación para a súa mellora. Unha semana máis tarde asinábamos o convenio de colaboración entre o organismo provincial, Concello de Foz e FEVE para facernos cargo destes traballos de forma conxunta, e agora vamos a acometer a súa licitación”. Pola súa banda, o Alcalde amosou a súa satisfacción “pola axilidade nos trámites para que Nois teña boas comunicacións”.
A Ponte Cabana é un paso superior sobre a línea do ferrocarril moi estreito facendo imposible a circulación de dous vehículos e poñendo en perigo os viandantes. Deste xeito, o documento subscrito establece que, “debido a falta total de seguridade”, a corporación municipal redactará o proxecto, aportará os terreos e executará as obras de ampliación, mentras a Deputación e FEVE as financiarán investindo 110.000 euros. Concretamente, o organismo provincial achega 50.000 euros e a entidade dependente de Fomento 60.000 euros.
Esta actuación enmárcase dentro da aposta da Deputación pola máxima cooperación cos Concellos. Asimesmo, engádese ás obras de mellora de máis de 2,2 quilómetros da estrada que une Casa Pequenete e Espiñeira nas que o organismo provincial inviste 500.000 euros dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública dotado de 60 millóns de euros. Trátase dun proxecto que a anterior corporación provincial deixou licitado e contratado pero que non executou porque non expropiaron os terreos. A Deputación retomou, modificou e ampliou esta iniciativa pasando dos 400 metros que anteriormente se prevían mellorar á totalidade da vía tal e como reclaman os veciños da zona.
Neste senso, Gómez Besteiro destacou que “a Deputación xa está a recibir as ofertas das empresas. Hai que priorizar as obras. O que non se pode facer é aprazar a VAC ó 2017 cando estaba prevista para o 2013 e cando o Partido Popular na oposición esixía o seu remate no 2011. Esta obra é vital xa que se o Goberno Central remata a Transcantábrica no 2012 a Mariña queda partida en dous. Temos que sumar todos e anticipar os prazos porque son 5 anos de diferencia. Nós seguiremos traballando e nos vindeiros meses traeremos novas actuacións a esta Comarca”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



