Nota de Prensa
O CONCELLO, FORZAS DE SEGURIDADE E ORGANIZADORES DO MERCADO TRADICIONAL E DA QUEIMADA DE CERVO REÚNENSE PARA CONCRETAR O DISPOSITIVO QUE SE DESPREGARÁ NESTAS FESTIVIDADES
o O obxectivo é garantir a seguridade cidadá e as condutas cívicas dos asistentes a este evento
o A dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aproveitará a xornada festiva para instalar na praza do Concello unha carpa informativa na que divulgará a oferta ocio-cultural promovida dende a Xunta de Galicia para os mozos e mozas e distribuirá agasallos entre os visitantes
o Xa pola noite, este organismo dependente da Consellería de Traballo desenvolverá a campaña ‘LIBRE. Libre de alcol, libre de preocupacións’ para promover a importancia do papel do condutor alternativo nas noites de marcha dos mozos e mozas galegos.
Cervo, 19 de agosto de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e técnicos municipais reuníronse hoxe á unha e media do mediodía cos representantes da comisión organizadora do Mercado Tradicional e da Queimada de Cervo e con representantes da Garda Civil e Protección Civil para concretar o operativo especial que prestará servizo durante o fin de semana nas devanditas festividades.
Segundo indicou o alcalde, Alfonso Villares, “ao igual que ocorrera a semana pasada coas festividades do Ovo Frito, Maruxaina e Patronais de Cervo”, a xuntanza de hoxe tiña por obxecto coordinar os efectivos das distintas administracións e organismos implicados na seguridade e normal desenvolvemento destas festas, “xa que son eventos nos que se congrega moita xente e necesitan dun dispositivo de seguridade e limpeza especial para poder garantir que estas festas podan transcorrer con normalidade” recalcou Villares.
Ao igual que acontecera a pasada fin de semana na Maruxaina, o Concello ten previsto establecer unha serie de medidas como a colocación dun maior número de colectores distribuídos por diversos puntos da festa e varios traballadores municipais desenvolverán un operativo de limpeza dende primeiras horas da mañá do domingo (día seguinte á Queimada) para que as rúas do núcleo de Cervo podan recuperar o seu aspecto habitual no menor tempo posible.
CAMPAÑA ‘LIBRE. LIBRE DE ALCOL, LIBRE DE PREOCUPACIÓNS’
O mandatario cervense adiantou que coma novidade nesta edición “e despois da xestión levada a cabo dende o Concello”, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia ten previsto instalar durante toda a xornada do sábado unha carpa na praza do Concello para divulgar e informar a todos os mozos mozas as distintas actividades e programas destinados aos mozos e mozas galegos postos en marcha dende este organismo dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Así mesmo está previsto que os visitantes á carpa tamén reciban agasallos coma CD´s de grupos noveis galegos.
Nesta mesma carpa está previsto que se desenvolva tamén a campaña “LIBRE. Libre de alcol, libre de preocupacións”. Esta campaña promove a importancia do papel do condutor alternativo nas noites de marcha dos mozos e mozas galegos. A través de accións directas e en contacto coa mocidade, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado achégase ás cidades e vilas galegas para recomendarlles aos máis novos, que ao volante, non se debe beber.
Os monitores desta campaña a prol dunha condución responsable proporcionarán a todos os mozos e mozas de ata 35 anos que conducen medidores de alcolemia ao final da festa. A todos aqueles que non superen o 0% de alcol, tomaránselles os datos para participar no sorteo de cursos de condución segura no circuíto de Forcarei, que terán lugar durante o outono deste ano. Ademais, todos aqueles que se interesen pola información que se distribúe na carpa, levarán como agasallo unha camiseta.
Entre o inicio e o final da festa, os monitores percorrerán os principais aparcamentos da festa e porán enriba dos vehículos un triángulo de cartón amarelo, simulando a estética dos taxis de New York, co lema en grandes letras LIBRE.
COLABORACIÓN E RECOMENDACIÓNS
Por último, o alcalde fixo novamente un chamamento aos veciños e visitantes que teñan previsto acercarse a Cervo o sábado, e pediulles a súa colaboración e o máximo respecto e coidado con todo o material e mobiliario urbano, tanto público coma privado. “Queremos que sexan unhas festas cívicas e agradables como aconteceu a fin de semana pasada en San Ciprián e Cervo” incidiu o mandatario local.
Entre as recomendacións dadas polos responsables municipais figura que non se sirvan bebidas en vasos ou botellas de cristal para evitar cortes e outros danos en persoas e vehículos, que se faga uso dos colectores de lixo instalados para estas celebracións evitando depositar os residuos na rúa ou noutros espazos non habilitados ao efecto e que se respecte o mobiliario urbano, vehículos, vivendas e outros espazos públicos ou privados. Tamén se solicita aos condutores que respecten a sinalización e as indicacións dos axentes da Policía Municipal, Garda Civil e Urxencias; que non estacionen en zonas valadas ou de acceso restrinxido para evitar entullos; e que non intenten acceder cos vehículos ao centro urbano e opten por utilizar zonas de aparcamento alternativas.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



