O vicesecretario xeral do Partido Socialista, Jose Blanco non cumpre con Galicia e prexudica dun modo consciente e directo a potencionalidade e futuro da Mariña lucense. Ante esta realidade, una estafa política en toda regra, os populares da Mariña facéndonos eco da indignación inmensamente maioritaria dos veciños desta comarca e rebelámonos ante un feito clarísimo: A Mariña non existe para o Goberno de Zapatero.
Unha vez máis, o PSOE peca de improvisación e amosa a súa total falta de palabra e de compromiso coa comarca. Unha vez máis, queren enganarnos, como cando negaron a crise e non levaron adiante as medidas oportunas para corrixila. O Goberno central, cos recortes consumados por Fomento, está a facer o contrario do que prometeu: Mentres que fai unhas semanas presumía de que a provincia de Lugo non vería afectada ningunha obra, agora toma a decisión de xeito unilateral de paralizar a autovía do Cantábrico e de eliminar das súas prioridades a execución do treito estatal do corredor entre San Ciprián e Barreiros. O Goberno central, que nin soubo planificar nin administrar correctamente o diñeiro público fai agora que todas as veciñas e veciños desta comarca paguemos a súa incompetencia.
O retraso anunciado polo Ministerio Fomento na Autovía do Cantábrico engádese aos que xa acumulaba esta obra cuxa finalización se prevía para o 2008 e posteriormente se demorou ata o 2011. Agora queda aprazada sen data. Agora as empresas retiran a súa maquinaria e paralizan de facto todos os traballos.Jose Blanco, está a negar á Mariña a posta en marcha dunha infraestrutura vital, vertebradora de Galicia e esencial para as comunicacións do norte e a súa conexión co resto de vías de alta capacidade.
Existen dúas formas de entender a austeridade e o rigor orzamentario. A que aplica o PSOE, coa complicidade dun BNG que puido vetar os orzamentos estatais e non o fixo, e a que practica o novo Goberno da Xunta. O equipo que lidera Alberto Núñez Feijóo soubo apertarse o cinto, reducindo gastos e estruturas administrativas, altos cargos, vehículos de luxo, administración paralela…. Pero lonxe de recortar o investimento en infraestruturas e comunicacións situou esta actividade como prioritaria.
Jose Blanco condena ás veciñas e vecinos da Mariña a moitos anos de espera para facer uso da autovía do Cantábrico ou do corredor no treito estatal. Mentres tanto, os mesmos mariñáns pronto circularan polo treito autonómico do Corredor, e hoxe mesmo poderán ver como as obras proseguen a bo ritmo, grazas a un esforzo inversor que supera os 30 millóns de euros. Tivo que chegar un Goberno popular para que a Xunta iniciase, no tramo entre San Ciprián e Celeiro, o primeiro quilómetro en obras do vía de altas prestacións que nos unirá con Ferrol
Está claro, hai dúas formas de gobernar, a que practica o PSOE que, cos feitos discrimina a Galicia e aos galegos, ou a do PP que sitúa a nosa comunidade, a nosa comarca, na prioridade da súa acción de Goberno.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



