Nota de Prensa
O BNG DE CERVO REUNIUSE CO COMITÉ DE EMPRESA DE CERÁMICAS SARGADELOS
A Dirección da cerámica xa ten en tramitación o terceiro ERE incluíndo a extinción de 34 postos de traballo na planta de Sargadelos
Os nacionalistas criticaron a parálise dos membros do goberno local e a Xunta mentres esta empresa emblemática para Cervo se desangra
Cervo, 10 de xullo de 2010. Representantes do BNG de Cervo reuníronse na tarde de onte co Comité de Empresa da Cerámica de Sargadelos despois de que a dirección lles trasladara o inicio da tramitación do terceiro Expedente de Regulación de Emprego, nesta ocasión co proposta de extinción de 34 postos de traballo. Os nacionalistas escoitaron de primeira mao a situación laboral da empresa e trasladaron á representación do cadro de persoal varias iniciativas presentadas, tanto no concello de Cervo como no Parlamento Galego. Tanto os nacionalistas como o Comité de Empresa coincidiron en reclamar das administracións, nomeadamente da Xunta de Galiza, medidas que eviten o declive e a perda de emprego nunha empresa que e moito mais que unha fábrica de cerámica, e criticaron a parálise do goberno municipal que non fixo nada para axudar a evitar esta situación.
Xunta e goberno local non fixeron nada do comprometido en acordo plenario en maio de 2009
Os nacionalistas criticaron con dureza a parálise do goberno local que asumiu mediante unha emenda a unha iniciativa nacionalista debatida no pleno da corporación de Cervo, a realización de xestións diante doutras administracións para garantir a viabilidade da empresa e evitar a perda de empregos, “tanto o Comité de Empresa como o BNG coincidimos na parálise do goberno local que nin sequera foi quen de reunirse coa representación do cadro de persoal”, sinalou Xoán Estúa, portavoz municipal nacionalista. “Estúa foi mais alá ao indicar que o Tte. Alcalde e parlamentar, José Manuel Balseiro, comprometeuse persoalmente para facer xestións coa Xunta en maio de 2009 para evitar a perda dun só emprego en Sargadelos e á vista está que a este sr. váiselle a forza pola boca”. O BNG ademais criticou que levan un mes agardando polas respostas do goberno local a unha batería de preguntas en relación ás xestións do goberno local derivadas do acordo de maio de 2009, “da a sensación de que a perda de emprego en Sargadelos non vai con eles e tampouco lles preocupa a perda dun dos referentes culturais mais importantes do concello”.
Os nacionalistas comprometéronse co comité a traballar para evitar a perda de emprego e reflotar a empresa.
O BNG comprometeuse a traballar, como o ven facendo dende a presentación do primeiro ERE en maio de 2009, para buscar o apoio da administración pública na liña de garantir os postos de traballo e a viabilidade da empresa, para o BNG Sargadelos non pode ser visto unicamente como unha fábrica de cerámica senón como unha industria cultural que require do apoio público nun traballo de difusión e promoción dos sinais de identidade galegos. “Xoán Estúa dixo estar convencido de que a Xunta ten ferramentas para traballar neste sentido e esixiremos por todas as vías ao noso alcance para que así se faga”, “o nacionalista engadiu que ao igual que se fan planos de apoio para o sector automobilístico en Vigo, Sargadelos como industria que traspasa o campo puramente empresarial para ser fonte de promoción da cultura do país debe ter un tratamento singular”

















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



