Nota de Prensa
O BNG INSISTE NA DENUNCIA DE VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS EN CERVO NESTA OCASIÓN AO RÍO XUNCO
Os nacionalistas din que o alcalde comprometeuse a solucionar o problema cos veciños fai un ano e aínda están aí
O vertido prodúcese no Camiño Real entre Cervo e Sargadelos á altura do Muíño do Pernán
Cervo, 19 de agosto de 2010. O BNG volveu denunciar a existencia dun vertido de augas residuais, nesta ocasión ao Río Xunco no Camiño Real que vai entre Sargadelos e Cervo á altura do Muíño do Pernan. Os nacionalistas indican que o alcalde, Alfonso Villares, comprometeuse cos veciños fai agora un ano a amañar o problema e a situación segue igual un ano despois, evidentemente o goberno local non ten escusas para arranxar un problema que e da súa completa competencia e só se debe ao abandono e o incumprimento de funcións dos responsábeis municipais o mesmo que sucede co vertido da Caosa en San Cibrao.
Os veciños reclamaron solucións ao alcalde que se comprometeu a solucionalo fai un ano e aínda esta na mesma situación.
O BNG demandou do goberno local solucións a un vertido puntual de augas residuais ao Río Xunco ao seu paso por Cervo, “leva moito tempo verténdose no ría sen que o alcalde poña as solucións coas que se comprometeu cos veciños fai un ano”. Os nacionalistas sitúan o vertido no Camiño Real entre Cervo e Sargadelos, á altura da ponte e Muíño do Pernán sendo visíbel a simple vista ademais de causar malos olores. Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “estamos diante dun feito mais que demostra a deixadez e incumprimento de funcións do goberno local que non ofrece solucións aos problemas puntuais do concello”, Estúa engadiu ademais que “neste caso o alcalde comprometeuse cos veciños a solucionar o problema fai un ano e as cousas seguen como estaban”
Aquí non valen as desculpas de mal pagador do alcalde ao igual que tampouco serven co vertido da Caosa en San Cibrao.
Os nacionalistas acusaron ao alcalde de “poñer escusas de mal pagador diante de problemas que son de competencia municipal.” Neste sentido Estúa “aclarou que os vertidos do Paseo da Caosa non se van solucionar coa nova rede xeral de saneamento xa que estamos falando dun vertido puntual nunha zona onde xa se executaron fai anos reposicións na rede local sen que se lle dera solución ao problema, polo que dixo que a competencia para localizar a procedencia do vertido e a súa solución e exclusivamente municipal”; afondando na contestación ao alcalde en relación ao vertido de San Cibrao, Estúa aclarou que as obras da rede xeral que se están executando en San Cibrao xa foron comprometidas polo PP no goberno autonómico no 2002 que non as executou, e quedaron en herdanza ao anterior goberno bipartito da Xunta que as derivou ao Ministerio de Medio Ambiente do Goberno do Estado que as está executando na actualidade.
A función do alcalde e poñer solución ao problemas, a da oposición denuncialos.
Por último os nacionalistas demandaron do goberno local e do alcalde en particular que non eluda as súas responsabilidades e poña solución aos vertidos residuais da Caosa e do Río Xunco e o faga con prontitude xa que tanto nun caso como noutro e evidente que “quen está a ir contra o pobo como di Villares, non e oposición que denuncia os problemas, e o alcalde que non pon as solucións no tempo e forma que debería”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



