Nota de Prensa
UNHAS 3.500 PERSOAS PASARON POLA OFICINA DE TURISMO DE BURELA E POLO BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN. OS DATOS DESDE O 15 DE XUÑO AO 31 DE XULLO FORON DADOS A COÑECER HOXE POLO CONCELLEIRO JOSÉ GONZÁLEZ LEGAZPI.
Burela, 10 de agosto de 2010. Os datos da oficina de turismo de Burela reflicten a súa potencialidade como destino turístico incluso nun momento de dificultade económica, segundo o edil José González Legazpi.
O concelleiro de Turismo, nunha avaliación obxectiva sobre a segunda quincena de xuño e sobre todo o mes de xullo, incide “na importancia do turismo, principalmente de proximidade, e por tanto na potencialidade do Concello no seu avance cara a consecución dunha máis grande capacidade turística”.
González Legazpi subliñou que “a oficina de turismo de Burela ten rexistrado unha afluencia de visitantes de proporcións semellantes no mes de xuño ás do pasado verán, e algo superiores no mes de xullo no cómputo global e segundo o número de persoas que diariamente estiveron interesándose polo noso Concello e tamén pola comarca da Mariña, e que ciframos en cerca de 3.500 persoas incluídas as visitas ao barco museo Reina del Carmen”. O responsable de Turismo en Burela sinalou que “é previsible un incremento durante o tempo que resta de verán. Destacar que a procedencia maioritariamente é da nosa comunidade autónoma, principalmente do eixe atlántico, seguida de Asturias e tamén é moi representativa a afluencia de persoas chegadas dende a capital de España, e do norte peninsular, concretamente de Cantabria e País Vasco, pero tamén de Castela- León”.
O edil nacionalista engade que “tamén se rexistrou un incremento de mobilidade na área de autocaravanas, de procedencia indistinta, pero é apreciable o achegamento de visitantes da zona do mediterráneo, en definitiva acreditase o interese do turismo no noso concello, primordialmente de cercanía, que na actual coxuntura económica ten unha maior posibilidade de acomodación para o visitante”.
José González Legazpi destacou “este avance significativo que determina claramente e de modo positivo o resultado do traballo que se ven facendo na divulgación e participación en certames de ámbito indistinto, o que fai posible o achegamento de visitantes ao noso Concello. E que tamén representa unha condición positiva para os sectores socioeconómicos locais e un avance progresivo nas políticas de desenvolvemento xeral do turismo en Burela que nos posiciona xa claramente como destino referente na comarca”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



