Días pasados tivo lugar no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) en Foz, a apertura dunha interesantísima exposición baixo o epígrafe de “Guernika, unha educación para a paz”. A exposición, como informa a literatura da mesma, pretende recoller os momentos en que Pablo Ruiz Picasso se fai eco na súa obra do horror polos estragos fundamentalmente humanos que ocasionan as guerras e a súa inutilidade. A mostra recolle unha reproducción do Guernika acompañado por obra gráfica encol do mítico cadro con outras aportacións a propósito do mesmo tema. Picasso eríxese en pregoeiro da liberdade e da paz e os seus debuxos e litografías de pombas convértense en emblemas da paz mundial. A exposición débese á iniciativa dese polifacético e prestixoso artista focego, afincado en Viveiro, vitalista e inquedo, propietario e director dese pequeno milagre, honra da nosa bisbarra, que é o complexo etnográfico-antroplóxico e artístico Regal/Xunqueira, no que a dinámica do seu creador ofrece ós centros de ensino a oportunidade de realizar actividades extra-escolares baixo a premisa “aprendendo e educando a través da arte”. A mostra foi presentada polo propio artífice dela, que co seu peculiar etilo, erudito e desenfadado, engaiolou ós presentes relatando os aspectos mais interesantes dende os diversos ángulos alecciondores que enmarca o cadro de prestixo universal. Rematada a súa intervención proxectouse un audiovisual, no que aparte de mostrar mais polo miúdo o traballo do artista e o simbolismo das súas figuras, puido tamén conntemplarse a destrucción e a barbarie do bombardeo do pobo de Guernika que quedou para a historia como símbolo macabro das mentes insensibles e irracionais.Todo o acto foi premiado con unha forte ovación dos presentes. Por outra banda a xenerosidade de Otero Regal dotou aquel espacio de un grande e fermoso mural do que precisamente él se ocupou no seu semanal espacio o domingo pasado nesta mesma páxina e que polo tanto nós vamos a omitir; pero non sen antes agradecer públicamente a Otero Regal tanta deferencia.
Suso Fernández
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



