Nota de prensa
A Consellería de Educación e a empresa Alcoa asinan un convenio de colaboración para a formación de alumnado de FP
*
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, subscribiu o devandito acordo nun acto celebrado en San Cibrao-Cervo
*
O alumnado do ciclo formativo recibirá parte dos módulos do ciclo superior de química ambiental nas instalacións da empresa Alúmina Española onde adquirirán as competencias necesarias para o seu desenvolvemento profesional
Lugo, 22 de setembro de 2010.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Alúmina Española S.A (ALCOA), veñen de asinar un convenio de colaboración, polo que o alumnado de FP poderá realizar parte dos módulos do ciclo superior de química ambiental directamente nesta empresa.
Nun acto celebrado en Cervo, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, e o director de ALCOA de San Ciprián, Rubén Bartolomé González, rubricaron o documento. Un texto no que destacaron a súa importancia para a preparación dos futuros profesionais galegocalidade das ensinanzas de formación profesional da familia química.
Tras asinar o acordo o conselleiro destacou que “Consellería de Educación, na súa liña de mellora constante da calidade das ensinanzas de formación profesional, intensifica a colaboración que xa viña mantendo con ALCOA e a empresa amplía o seu compromiso con estas ensinanzas mediante a súa colaboración na posta en marcha do ciclo formativo de grao superior de Química Industrial, que se imparte neste curso no centro no que nos encontramos, o IES Marqués de Sargadelos”.
Formación nas instalacións de ALCOA
Ao abeiro deste convenio, establécese un programa de formación que se desenvolverá nas instalacións do IES Marqués de Sargadelos de Cervo (San Cibrao) e da empresa ALCOA, destinado aos alumnos que cursen formación profesional de grao superior de Química Industrial.
Así os estudantes poderá realizar parte dos módulos do ciclo superior de química ambiental en ALCOA, o que se lle permitirá desenvolve ros módulos correspondentes a operacións básicas na industria química, transportes sólidos e fluídos, prevención de riscos laborais, así como regulación e control de proceso químico e xeración e recuperación de enerxía.
Os datos de todos os estudantes que se beneficiarán do convenio asinado hoxe pasaran a formar parte da base de datos curricular de ALCOA para unha posible consideración en futuros procesos de selección.
Tal e como explicaron os asinantes, ALCOA recibirá aos alumnos e será responsable da súa formación durante este período, para o que se designará aos titores responsables de cada área formativa. Pola súa parte o centro educativo designará un encargado de elaborar ca empresa o programa formativo, apoiar tecnicamente aos alumnos e alumnas, así como controlar a asistencia e avaliar o desenvolvemento da formación concertada.
Actualización constante
O profesorado tamén recibirá a formación constante oportuna. Así, segundo explicaron o conselleiro e o director de ALCOA, o convenio contempla a posibilidade de que, a proposta dunha das partes implicadas, se organicen cursos, seminarios, ou estudos sobre temas de común interese, tanto para persoal específico de ALCOA, como da Consellería de Educación co fin de dotar ao profesorado das máximas competencias. Ademais a empresa colaborará no programa de formación do profesorado e nas estancias en empresas por tempo definido que tamén promove a Consellería atendendo sempre as necesidades específicas de formación.
Impulso ao sector químico industrial
Ao remate do acto, os representantes da Consellería e os de ALCOA, destacaron a importancia que a formación práctica ten na preparación dos estudantes, grazas ao que poderán desenvolver un mellor traballo neste sector. Así, ambas partes explicaron que a sinatura do convenio de colaboración contribuirá a completar os coñecementos relacionados coa producción, comercialización, e xestión económica facendo que o alumnado coñeza in situ as necesidades do sector químico industrial.
O convenio entra en vigor a partir de hoxe e terá unha vixencia de dous anos. Cómpre recordar que a empresa ALCOA xa ven colaborando coa formación tanto de profesores como de estudantes de Formación Profesional en materias de riscos laborais na Mariña lucense.
No acto tamén estivo presente o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luís Mira Lema, ademais da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o alcalde do concello de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; alcalde do concello de Xove, Demetrio Salgueiro; a directora do IES Marqués de Sargadelos, Esperanza Mirta Blanco López; e a directora xeral da fábrica de Alúmina en San Cibrao.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



