Nota de Prensa
A Deputación aforra 500.000 euros na redacción dos proxectos de obra dos 16 Concellos afectados polo canon
– A diferenza do anterior equipo de goberno, os proxectos de obra pública non se contratan a unha empresa externa, senón que os realizan os técnicos provinciais, evitando este gasto ás arcas da Deputación
– Na actualidade están tramitadas ou executadas o 100% das obras do plan 2008-2009 e 30% da anualidade de 2010
– Gato Soengas subliña que “ademais de poñer a cero o contador desta débeda histórica que obstaculizou durante anos o desenvolvemento destes municipios, producimos un adelgazamento importante no gasto corrente desta Deputación”
– O organismo provincial cortará o vindeiro luns a estrada provincial 0702, en Cervantes, na que aplicará aglomerado en quente, habilitando desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados
A Deputación aforrou aforrou 500.000 euros en gasto corrente na redacción dos 91 proxectos de obra que ten en marcha nestes momentos nos 16 Concellos da provincia afectados polo canon. A diferenza do que acontecía co Partido Popular os proxectos de obra pública xa non se encargan a unha empresa externa senón que os realizan os técnicos provinciais, sen que isto supoña un gasto para as arcas da Deputación. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “ademais de poñer a cero o contador desta débeda histórica que obstaculizou durante anos o desenvolvemento dos Concellos producimos un adelgazamento importante no gasto desta Deputación, concretamente uns 80 millóns das antigas pesetas. Se fora co anterior goberno este proxectos encargaríanse a empresas externas, a diferenza do que acontece agora”.
Neste senso, indicou que “a inxección económica que supón o canon para estes municipios ten dobre importancia nun momento económico como o actual: primeiro porque aumentamos a obra pública nos municipios e, segundo, porque a Deputación asume tanto a redacción dos proxectos, porque os fai o propio servizo da Deputación, como a execución das obras”.
O reparto do canon de 2010 aprobouse no mes de maio e, na actualidade, preto do 30% das obras están tramitadas. En total, 30 actuacións que pertencen a 5 Concellos: Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Pantón, Carballedo, Guntín. Polo que se refire ás anualidades 2008-2009, o organismo provincial tramitou ou executou o 100% dos proxectos. A Deputación demostra que é unha institución colaborada e que produce servizos que van destinados ós cidadáns. Ademais, fronte á falta de diálogo coas administracións locais, á deixadez e ó desafio ó Tribunal Supremo no caso de Chantada do anterior goberno, as obras foron consensuadas cos Alcaldes e esta Deputación pode falar de cumprimento”.
Precisamente, a Xunta de Goberno deste venres aprobou a mellora, abastecemento de auga e saneamento en varios núcleos de Quiroga dentro da anualidade de 2010 por valor de 169.142 euros. Deste xeito, a Deputación cumpre con este Concello, pechando esta débeda histórica que se cifra en 508.826 euros e que fixo efectiva en tres anos sen que existise sentenza xudicial como en Chantada.
Melloras nunha estrada en Cervantes
A Deputación cortará o luns a estrada provincial 0702 que vai de San Román a Degrada, en Cervantes, para comezar a botar aglomerado en quente nun treito de 9,4 quilómetros, dende o punto quilométrico 5,100 ó 14,500. Neste senso, Gato Soengas respostou as críticas do Partido Popular sobre as obras que o organismo provincial executa neste vial. “Levamos traballando nesta estrada dende hai meses, concretamente dende maio, para deixala en perfectas condicións e non como a deixou o Partido Popular. As melloras son notables: pasouse dun ancho inicial de 4,30 metros a 5,15, unha dimensión máis que axeitada ó tratarse dun trazado de montaña, e agora botarémoslle aglomerado en quente, sinalizarase vertical e horizontalmente, e instalaranse ollos de gato e biondas”.
Neste senso, Gato Soengas anunciou que o servizo de Contratación da Deputación está tramitando o proxecto para acometer a mellora do treito que falta, é dicir, dende o punto quilométrico 5,15 ó 24. O investimento que realiza a Deputación nesta estrada, que estará pechada ó tráfico durante unha semana, é de 908.887 euros. Para iso, habilitaranse desvíos alternativos que estarán perfectamente sinalizados:
– corte en San Román, no punto quilométrico 5,500. Habiltaranse tres: a Degrada por Quindós a Setecarballos; a Degrada por Liber e Doiras; e a San Román por Liber.
– corte no punto quilométrico 15,500. Neste caso, o desvío a San Román por Degrada, Doiras, Vilanova e Liber.
“Manual do PP”
O voceiro provincial socialista sinalou que estas actuacións demostran a xestión eficaz do actual equipo de goberno “fronte a unha anterior que era antiga e caciquil”. Neste senso, destacou “en materia de estradas había un desbaraxuste e unha falta de planificación. Non se levaban a cabo expropiacións, a sinalización das estradas na Montaña luguesa era inexistente. Agora nós temos plans de actuación. Esta Deputación traballa con eficiencia e rigor”.
Gato Soengas tamén se referiu ás últimas declaracións do Partido Popular sobre o Hotel Miño. “O PP adquriuna para acometer o primeiro caso de transfugismo político na provincia, comprando a vontade dun Deputado que era o dono daquelo para adquirir unha maioria absoluta. Agora cunha total amnesia non se lembran de que aquel lío vén dos lodos que eles mesmos botaron. Agora falan con toda tranqüilidade: que se un pavillón ten unha pingueira, que se un bache… manual, manual, manual; crítica sen rigor; absoluta falta de propostas. Todo isto é o que expresa o Partido Popular en Lugo. Este é o manual do PP”.




















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



